<%=Club.Nombre %>

Noticias

GRUAS ELGASA, PATROCINADOR PRINCIPAL DA SECCION FEMININA Dende o Club de Futbol Noia queremos agradecer este novo patrocinio para as rapazas da PRIMEIRA GALICIA DOP ARZUA ULLOA GRUAS ELGASA lucira como patrocinador principal nas equipacións das nosas rapazas que defenderan as cores do noso equipo o longo da Tempada 22/23 na Estrea nesta complicadisima competición. Grazas por confiar en nos GRUAS ELGASA e volver a unirse a esta familia do Club de Fútbol Noia, onde mais de 300 deportistas disfrutan do seu deporte favorito. Este ano grazas a colaborición do C.F. NOIA, e o PORTO DO SON F.C. fixose posible que mais de 50 nenas poidan adestrar e competir nas difernetes competicions do Fútbol Feminino Galego, PROMESAS, INFANTILES, CADETES e as Rapazas do equipo senior, fan que o fútbol da nosa bisbarra siga gañando peso. GRUAS ELGASA, unese o este ilusionante proxecto ca voluntade do mantenemento e crecemento desta sección feminina.  GRAZAS GRÚAS ELGASA POR APOIAR O FÚTBOL FEMININO.

O Consello Regulador Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa convértese no patrocinador principal da máxima categoría do fútbol feminino en Galicia. A Primeira División Galega Feminina Arzúa-Ulloa DOP xa é unha realidade. O 9 de setembro do 2022 forma parte da historia do fútbol feminino galego tras a rúbrica do acordo entre a Real Federación Galega de Fútbol e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa, entidade que se converte no patrocinador principal, e por primeira vez, do patrocinador principal da Primeira División Galega Feminina. A presentación oficial do evento tivo lugar este venres no salón de actos Amancio Amaro da sede da RFGF en Santiago de Compostela e á mesma acudiron o presidente da RFGF, Rafael Louzán; Xosé Luís Carrera, presidente do Consello Regulador da DOP Arzúa-Ulloa; Amancio Varela, directivo da RFGF responsable do fútbol feminino en Galicia; e Óscar Pérez, secretario-xerente do Consello Regulador da DOP Arzúa-Ulloa. Ademais, na posta de longo deste acordo histórico tamén estiveron presentes varios directivos da RFGF e varios representantes dos clubs que militan na desde hoxe Primeira División Galega Feminina Arzúa-Ulloa DOP. Un día histórico para o fútbol feminino galego O presidente da RFGF, Rafael Louzán, mostrouse orgulloso unha vez asinado o patrocinio e destacou que "hoxe é un día para celebrar, porque por primeira vez a máxima categoría do fútbol feminino galego conta co apoio firme dunha entidade das nosas, puramente galega, como é Arzúa-Ulloa, o queixo máis vendido en Galicia. Oxalá isto dure no tempo e axude a que o fútbol feminino siga crecendo a pasos axigantados en Galicia". Xosé Luís Carrera, pola súa banda, tamén mostrou a súa satisfacción neste día tan importante, tanto para a RFGF como para o Consello Regulador da DOP Arzúa-Ulloa: "Tiñamos claro que queriamos apostar polo fútbol feminino galego. Cando nos chegou a proposta da Federación non o dubidamos. É un acordo moi beneficioso para ambos, porque os clubs van beneficiar da nosa aposta e estamos seguros de que o queixo Arzúa-Ulloa tamén vai incrementar o seu valor de marca". Nace a Primeira División Galega Feminina Arzúa-Ulloa DOP Este 9 de setembro supón o nacemento da Primeira División Galega Feminina Arzúa-Ulloa DOP, unha competición que arrinca esta fin de semana coa participación de 16 equipos, que son os seguintes: Grazas a este acordo, todos os clubs beneficiaranse economicamente e servirá, ademais, para levar a cabo varias iniciativas co fin de promocionar ou futfem na nosa comunidade.


1