<%=Club.Nombre %>

VOLTA A ESCOLA DE TECNIFICACIÓN DO CF NOIA "O COMPLEMENTO IDEAL O ADESTRAMENTO NO TEU CLUBE"


ESCOLA DE TECNIFICACIÓN DE FUTBOL CF NOIA

 

Son clases de adestramento de fútbol pensadas para nenos e nenas de entre 6 e 13 anos que participan no fútbol base non so do Club de Fútbol Noia senón de toda a bisbarra na búsquea principal como obxectivo ampliar a súa "mochila de habilidades".

Conseguirán as ferramentas adecuadas que precisarán no fútbol base, ademais, axudarémoslle ao neno e nena a comprender as razóns das situacións que se producen durante un partido de fútbol. Deste xeito, aprenden cun adestrador UEFA PRO ou Licenciados en INEF así coma adestradores específicos de porteiros, as distintas situacións que se poden presentar, utilizando as habilidades adquiridas durante o seu adestramento persoal de fútbol.

GRUPOS REDUCIDOS

DIRIXIDO ?

Nenos e nenas de 6 a 13 anos, sexan ou non alumnos da Escola de Fútbol do C. F. Noia ou Porto do Son C.F.

CANDO ?

Xoves de 18:00 - 19:00 nenos e nenas de 6 a 9 anos

Venres de 19:00 - 20:00 nenos e nenas de 10 a 13 anos

ADESTRADORES?

Adestradores titulados UEFA PRO e licenciados en INEF. 

DIRECTOR ESCOLA TECNIFICACIÓN

Ivan Carril Regueiro 

ARRINCAMOS 23/24

XOVES 02 NOVEMBRO

O COMPLEMENTO IDEAL O ADESTRAMENTO NO TEU CLUBE

CONTACTO IVAN CARRIL 636715301

MAIL CFNOIA@YAHOO.ES

PINCHA NO ENLACE INSCRICIÓN

https://docs.google.com/forms/d/1MUtXEmBkcs3DHDqe9ligurYzpNHRSBfJ9IcppqPrNyQ/viewform?edit_requested=true

 

¿Por que inscribir o meu fill@ na escola de tecnificación de fútbol?

 

«Presentar ao teu fill@ ás nosas clases de adestramento de fútbol é unha estratexia imprescindible para mellorar o seu control e relación co balón. Este adestramento persoal de fútbol utiliza un método sólido e eficaz, centrado no desenvolvemento da creatividade do movemento, a coordinación, o equilibrio e a velocidade. Elementos fundamentais impartidos por adestradores altamente cualificados, ​​para que os nenos tomen decisións rapidamente, marquen a diferenza no campo. Ademais, axudamos aos moz@s futbolistas a quererse máis, reforzando así a súa autoestima e o seu auto concepto. Polo tanto, estas clases de adestramento de fútbol son un investimento inestimable no seu crecemento global, proporcionando as ferramentas necesarias   para prosperar no deporte e na vida.


Comparte en:

  • X (Twitter)