<%=Club.Nombre %>

NOVA XORNADA PARA OS EQUIPOS SENIOR MASCULINOS E FEMININOS.


NOVA XORNADA PARA OS EQUIPOS SENIOR MASCULINOS E FEMININOS.

Esta fin de semana xa cos nosos catro equipos sénior en competición toca afinar para sumar de tres en tres.

FILIAL MASCULINO

Os rapaces de Juan Buceta, viaxan para disputar a 4 xornada da súa estrea na SEGUNDA GALICIA, ante un dos equipos fortes da categoría, ata o de agora os nosos non están tendo sorte nos dous primeiros partidos disputados coma o pasado Domingo que tiveron que xogar 75 minutos con 10 homes pola expulsión de Juanma, aínda así os nosos pelexaron ata o ultimo mínimo deixando goles como o de Ruben dende o medio do campo.

Dúas derrotas nos dous partidos disputados nesta Segunda Galicia, ¿tocara puntuar este Domingo na Lomba de Bealo? De seguro que os nosos sairán con todas as gañas de cambiar a dinámica e sumar os primeiros puntos neste histórico ano na Segunda Galicia.

 

 

FILIAL FEMININO

Estrea das nosas na casa, o Domingo 1 no Emilio Garcia , Porto do Son, as rapazas do FILIAL FEMININO reciben as rapazas do SD FISTERRA, na segunda xornada da TERCEIRA GALICIA FEMININA.

As nosas estrearon a categoría con derrota ante as ESCOLA DE FUTBOL CONCELLO DE CAMARIÑAS JUAN CABREJO, de seguro que este Domingo pelexaran para traer os primeiros puntos na clasificación. Uxia Paz, foi a realizadora do único gol na primeira xornada e seguro que non será o único grazas o forte disparo de Uxia, xuvenil de primeiro ano, que liderara as nosas dende o Campo, guiada dende a banda pola nosa adestradora Sara Garcia.

Lembra este Domingo tes unha cita en Porto do Son e animar as nosas rapazas do filial.

 

 

 

PRIMEIRA GALICIA ARZUA ULLOA DOP

As rapazas de Carlos Lorenzo, viaxan ata Coruña para disputar a  xornada da PRIMEIRA GALICIA, ante un dos equipos mais importantes do fútbol Feminino en Galicia e un dos clubs con maior numero de licencias da nosa comunidade o VICTORIA C.F.

As nosas arrincaron o ano cunha vitoria importantísima fréente o Sardoma B, actual campionas da PRIMEIRA GALICIA ARZUA ULLOA DOP, pero o pasado Domingo no Anexo Julio Mato caeron ante as rapazas do DOMAIO C.F. pola mínima, nun partido que tiñamos controlado logo de poñernos por diante co gol de Adriana, e que na segunda parte en 5 minutos desafortunados as rapazas do DOMAIO C.F. foron quen de darlle a volta e levar os puntos de Noia.

Este domingo viaxamos ca mente de pelexar polos puntos pero de seguro e como parece logo destas dúas primeiras xornadas e os resultados non será fácil sumar na Coruña.

PREFERENTE GALICIA

Cuarta xornada para o noso primeiro equipo masculino e segunda xornada no Julio Mato, e ca cabeza centrada e que os tres puntos queden en Noia, e seguir sumando de tres, logo da vitoria do pasado domingo no Derbi fréente os veciños do Cidade Ribeira, o da capital do Barbanza puxeron moi difícil a vitoria e facer desfrutar os afeccionados que se desprazaron ata a Fiateira dun partido aberto e con alternativas no marcador.

Este domingo visítanos un vello compañeiro das ultimas tempadas e que sempre pon moi difícil acadar a vitoria tanto na súa casa un verdadeiro fortín para eles coma fora. Agardamos que as boas sensacións da segunda parte contra o As Pontes, se materialice nunha vitoria e seguir sumando de tres.

#PASIÑOAPASIÑO


Comparte en:

  • X (Twitter)