<%=Club.Nombre %>

Joaquín Miguens (Previa Jornada 4)

Entrevista con el Mister- Joaquín Miguéns

 

- ¿Cómo viste al equipo contra el Dubra?

Moi enchufado dende o inicio e concienciado de que si facemos as cousas ben temos potencial para ganar en calquer campo. O equipo está nunha dinámica moi positiva e con moita moral e cree no traballo que está facendo. O traballo da semana está a ser moi bo e o domingo compite moi ben. Si a iso añadimos que os resultados acompañan...

 

 - ¿Que cambió en el descanso, que el equipo en la segunda parte mostró una mejor cara?:

Empezamos o partido querendo ir a por él sen especular, e así creo que sorprendemos ó Dubra nos primeiros 15 minutos creándolles varias ocasións sobre todo en chegadas por banda esquerda. Queriamos o balón e atacar, pero pouco a pouco eles foron asentándose e nos tendo certos desaxustes nas marcas en medio campo. Iso unido a varias perdas de balón na saída en transición ofensiva permitiulles a eles ter algunhas ocasións que tampouco concretaron. Permitímoslles correr e xogar con velocidade ós espazos, e iso fano moi ben e fixéronnos sufrir. Eses desaxustes tratamos de corrixilos no descanso. Xuntamos un pouco mais as líneas, non indo a buscalos tan arriba e tratando de non deixar espazos claros á espalda da nosa defensa, e ahí a eles cerráronselle un pouco as persianas o non topar espazos para correr e ter que construír moito mais. Por contra cando nós nos faciamos co balón enlazabamos ben ese primeiro pase con Villa, Toni ou Rego e ,si podiamos correr chegábamos fácil á súa área, aínda que nos faltou ese último bo pase. Si non podiamos correr eramos capaces de manexar a pelota sen perdela ata que aparecían os espazos para finalizar e non permitir contras. A eles custáballe bastante facer a transición defensiva e ahí foi onde ganamos o partido. Logo co marcador a favor todo é mais doado si sabes xogar cos tempos de correr ou temporizar. Houbo moita solidarizade defensiva, boas axudas cando nos levaron o balón a fora e bo manexo do balón nas transicións ofensivas, aínda que votamos de menos ese bo último pase. Non se pode ter todo...pero moi contento da moxen que dou o equipo..

 

-Es este equipo tan competitivo que no se notaron las ausencias de jugadores teóricamente titulares como Hugo, Banana o David?:

Creemos que temos un EQUIPO que pode competir ben na categoría si estamos enchufado e facemos o que sabemos e traballamos.A forza está no BLOQUE e non nas individualidades, que tamén as temos, pero sempre o servizo do grupo. Así as baixas son mais fáciles de solventar. Neste equipo todos están capacitados para sair e competir. Nos, como adestradores, non pensamos en titulares nin suplentes, senón en qué necesitamos o domingo e quén nos pode vir mellor. Hugo e Banana por lesión están fora e outros están dicindo por qué forman parte da plantilla do Noia.A nos tócanos o problemón de ter que elixir cada fin de semana...todos merecen xogar.

 

-¿Qué esperas del rival del domingo, el Xallas Santa Comba?

O Xallas é un equipo que sufriu moito a temporada pasada, pero recuperou moitos dos xogadores importantes que a temporada pasada habían deixado o equipo, e vai ser un rival moi complicado. Vai vir a Noia a querer ter a pelota e a combinar porque ten xogadores para iso e esa é a filosofía do seu adestrador Rubén Coméndez. Creo que vai ser un partido bonito para o espectador se o tempo e o campo nos dan unha tregua. Gustaríame que San Lázaro estivese cheo animando ó equipo. Uns rapaces que están traballando cunha gran ilusión para non defraudar. Esperamos competir ben nesta nova final, que así é como temos que afrontar cada partido. Temos os pes na terra, isto acaba de empezar, pero sóbranos ilusión e ganas


Comparte en:

  • X (Twitter)

Otras entrevistas

  • ENTREVISTA A NOSO ADESTRADOR IVAN CARRIL ENTREVISTA A NOSO ADESTRADOR IVAN CARRIL

    Entrevista a noso adestrador Ivan Carril na Cope Santiago , podes escoitalo apartir do minuto 21. https://www.cope.es/emisoras/galicia/a-coruna-provincia/santiago/audios/deportes-cope-santiago-10-03-2021-1530-1600-horas-20210310_1389945