OK

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que usted tenga la mejor experiencia usuario. Si continúa navegando, está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y nuestra Política de cookies

<%=Club.Nombre %>

ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN NA ESCOLA DE FÚTBOL DO CLUB DE FÚTBOL NOIA 2020/21


 

ESCOLA DE FÚTBOL DO C.F. NOIA

 

Aberto prazo de inscrición na escola de fútbol do Club de Fútbol Noia

INSCRICCION NO SEGUINTE ENLACE:

https://www.webdelclub.com/web/Descargas.aspx?vweb=wnoia&m=37F1F473D7056D17

Nesta tempada 2020/21 as categorías cubriranse cos nenos e nenas nados segundo :

 

Categorías:

  • BIBERON                    nacidos no 2016- 2015
  • PREBENXAMIN           nacidos no 2014-2013
  • BENXAMIN                  nacidos no 2012-2011
  • ALEVIN                       nacidos no 2010-2009  
  • INFANTIL                    nacidos no 2008-2007
  • CADETE                      nacidos no 2006-2005
  • XUVENIL                     nacidos no 2004-2003-2002

 

A coordinación deportiva do CF NOIA instaurou un proceso formativo baseado en 4 modelos diferenciados atendendo ás características e necesidades da distintas etapas evolutivas do xogador.

 

 As categorías biberón e prebenxamín están rexidas polo modelo lúdico cuxo principal obxectivo é a diversión, a través da cal intentamos que o novo xogador vaia adquirindo as habilidades motoras básicas.

 

Para a categoría benxamín e alevin propoñemos un modelo de formación global no que se prioriza a aprendizaxe, con formas lúdicas, dos elementos motoras, técnicos e tácticos básicos a través de xogos e partidos de competición.

 

O modelo de formación especifica engloba as categorías infantil e cadete no que aprendizaxe e perfecionamento das habilidades individuais específicas do xogo e medios colectivos básicos se desenvolven a través do adestramento e se pon en práctica en cada competición.

 

Na categoría xuvenil o modelo especialización competitiva leva aos xogadores prepararse para xogar nun determinado posto específico e a saber competir detrás da consecución de bos resultados e formarse para a sua seguinte etapa no Futbol senior.

 

 

ANIMATE A XOGAR CON NOS.

 

 

 


Comparte en: