OK

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que usted tenga la mejor experiencia usuario. Si continúa navegando, está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y nuestra Política de cookies

<%=Club.Nombre %>

Novas

Abrimos o prazo de inscripción para a tempada 2020-2021 Desde o próximo luns 1 de xuño xa podedes inscribiros no noso club para participar nas actividades que ofertamos.  Ofertamos as seguintes actividades para nenos e nenas desde os 4 ata os 18 anos: Fútbol Sala Fútbol Campo Predeporte Educación Física e Saúde Ademais, complementamos estas actividades deportivas con outras campañas destinadas a fomentar os valores educativos, hixiénicos e saudables no deporte, como son: Xogando con Valores: iniciativa destinada a fomentar os valores educativos no deporte dirixida pola psicóloga Ana Rendo Futfeminízate: iniciativa destindada a fomentar os valores educativos e o fútbol feminino coa psicóloga Ana Rendo Programa Dafis: proxecto integral de hábitos de vida saudable mediante medicións e probas físicas complementado co nutricionista Álvaro Casas para a mellora de hábitos alimenticios Dispoñedes de toda a información no documento OFERTA ACTIVIDADES 2020-2021 na sección de Descargas desta web

O Victoria FC entregou onte os cartos recadados na campaña #VictoriaSolidaria á Unidade Pastoral Milladoiro, Teo e contorna para axudar ás familias afectadas pola crisis xenerada pola COVID-19. O club entregou 2.510 euros correspondentes a 1.510 euros recadados máis os 1.000 euros doados polo propio club. Queremos agradecer enormemente a todos aqueles que fixeron as súas aportacións porque desde xeito moitas familias sen ingresos van a seguir recibindo alimentos e productos sanitarios e de hixiene durante un maior período de tempo mentres dura esta crisis sanitaria e económica. Por suposto, a campaña continúa polo que esperamos seguir recibindo aportacións ben na nosa conta VictoriaSolidaria ou na conta que ofrece a Unidade Pastoral na súa web. Moitas grazas a todos e todas  

Comunicado oficial da Real Federación Española de Fútbol en relación coas competicións non profesionais do fútbol español Fonte: Futgal A Comisión Nacional de Presidentes Territoriais, reunida baixo a presidencia de Luis Rubiales, decidiu por unanimidade trasladar á Xunta Directiva e á Comisión Delegada a seguinte proposta para a resolución das competicións non profesionais atendendo ao comunicado na materia tanto polo Ministerio de Sanidade e o Consello Superior de Deportes. A proposta estará condicionada á evolución da pandemia e ás recomendacións do Ministerio de Sanidade e do Consello Superior de Deportes. Esta Comisión acordou propoñer aos órganos competentes da RFEF a finalización das Ligas Regulares das distintas competicións federativas sen descensos. Respecto a aquelas competicións nas que a normativa prevía unha fase final ou playoff, disputarase esa fase pero en formato exprés, salvo en categorías xuvenís onde se dá por terminada a tempada e practícanse os ascensos. Todos estes encontros realizaranse sen afluencia de público dadas as obrigadas normas de cumprimento que as nosas administracións decidiron implementar polas extraordinarias circunstancias nas que nos atopamos. En relación coas horas dos encontros, acordaranse conxuntamente coas Federacións Territoriais, co obxectivo de que se garanta a saúde de todos os participantes. Por outra banda, naquelas competicións nas que non haxa fase final, a posición de cada equipo na clasificación determinará o campión e as prazas de ascenso ou, no seu caso, de participación para competicións europeas. Nesta reunión, ademais, adoptáronse por unanimidade os seguintes acordos: SEGUNDA B Fase final playoff exprés: sede única, formato concentración, partido único Fase final playoff: 3 eliminatorias, 14 partidos totais, xogándose o mesmo sistema de competición disposto en normativa. O sistema será o seguinte: 1ª eliminatoria: 8 partidos - 2 partidos 1º vs 1º // 4 partidos 2º vs 4º // 2 partidos 3º vs 3º 2ª eliminatoria: 4 partidos – sorteo segundo normativa entre os dous primeiros restantes e os vencedores dos 6 partidos anteriores entre segundos, terceiros e cuartos 3ª eliminatoria: 2 partidos – sorteo segundo normativa entre os vencedores da 2ª eliminatoria. TERCEIRA DIVISIÓN Para evitar problemas de saúde, atendendo ao protocolo recomendado polo CSD e o Ministerio de Sanidade, o playoff de ascenso dos 4 primeiros clasificados de cada un dos 18 grupos realizarase entre eles nas sedes que determine cada Federación Autonómica entre os equipos de cada grupo territorial, da seguinte maneira: Fase Final playoff: 2 eliminatorias – 3 partidos totais: Semifinais: 2 partidos - 1 partido 1º vs 4º // 1 partido 2º vs 3º Final: 1 partido entre os vencedores das semifinais. Esta fase final realizarase en dous fins de semanas consecutivos. Finalizada a fase final, a RFEF adxudicará dúas prazas adicionais entre os primeiros clasificados que non ascendesen. En función do número de primeiros clasificados que non ascendesen, a RFEF buscará o sistema de competición para asignar as dúas prazas adicionais. ESPECIFICACIÓNS TEMPADA 20/21 Con este formato de resolución de Segunda B e Terceira División, e tendo en conta que non haberá descensos, pero si ascensos, a Segunda División B contará con 100 equipos que se dividirán en 5 grupos. Dado que a duración da tempada 20/21 será algo inferior ao habitual, recomendarase o formato de subgrupos cunha fase final na que se reagrupen de novo os equipos por posicións. Proximamente daranse máis detalles. Terminada a tempada 20/21, e unha vez aplicados os ascensos e descensos de Segunda División A, crearase unha nova categoría coa súa propia competición na tempada 21/22 entre Segunda División A e Segunda División B con dous grupos de 20 equipos. Por razóns de saúde, ao terminar as fases de ascensos, con posterioridade á situación habitual e ao dispoñer de menos xornadas de competición competirase en subgrupos cunha fórmula que garantirá aproximadamente 30 xornadas de campionato. Estes playoff exprés comezarán dúas semanas ou tres despois de que se reinicie a volta da liga profesional. XUVENÍS Finalización Liga Regular sen descensos. En División de Honra non se disputará a Copa de Campións polo risco importante para a saúde de xogadores, en moitos casos, menores de idade. Tampouco se disputará a Copa do Rei de Xuvenís. Os primeiros clasificados en cada grupo serán os Campións de grupo de División de Honra. Equipo clasificado para a Uefa Youth League: primeiro clasificado da División de Honra xuvenil con mellor coeficiente. Na tempada 20/21 haberá 7 grupos de 20 a 22 equipos divididos en subgrupos.  FUTBOL FEMININO Finalización da Liga Regular en todas as categorías sen descensos. En PRIMEIRA IBERDROLA será campión o primeiro clasificado. Os ascensos de RETO IBERDROLA a PRIMEIRA IBERDROLA serán segundo normativa: os primeiros clasificados de cada grupo que poidan ascender. Xogaranse os playoff de ascenso de Primeira Nacional a Reto Iberdrola, previstos na normativa, pero en formato exprés e sede única. Semifinais e Final da Copa da Raíña 19/20 disputaranse na tempada 20/21. Na Tempada 20/21, na medida do posible e sempre que por causas sanitarias e de calendario sexa posible, evitarase facer subgrupos. FÚTBOL SALA MASCULINO  PRIMEIRA E SEGUNDA DIVISIÓN Xogaranse o playoff polo título en Primeira División e o playoff de Ascenso de Segunda a Primeira División, previstos na normativa, pero ambos en formato exprés, en sede única e con concentración. A finalización da liga Regular en Segunda División conleva que o primeiro clasificado suba a Primeira División. Na Tempada 20/21, na medida do posible e sempre que por causas sanitarias e de calendario sexa posible, evitarase facer subgrupos. SEGUNDA B E TERCEIRA DIVISIÓN Para o resto das categorías de fútbol sala masculino xogaranse os playoff previstos en formato exprés. PRIMEIRA E SEGUNDA DIVISIÓN FEMININAS Finalización da liga Regular en todas as categorías sen descensos. Xogaranse o playoff polo título en Primeira División e o playoff de Ascenso de Segunda a Primeira División, previstos na normativa, pero ambos en formato exprés. Na Tempada 20/21, ao aumentar o número de equipos por non haber descensos, na medida do posible, evitarase facer subgrupos sempre que o calendario permítao. Tanto nas competicións de fútbol como en fútbol sala os enfrontamentos entre rivais que ocuparon a mesma clasificación antes de empezar o playoff decidiranse polo resultado transcorrido o tempo regulamentario, e no seu caso, prórroga e se fose necesario penaltis. Para o caso de equipos que se enfronten neste playoff ocupando posicións diferentes antes do mesmo, será vencedor do partido o equipo que gañe tras o tempo regulamentario, e en caso de darse un empate quedase eliminado o equipo que accedese con peor clasificación ao playoff, polo que non haberá prórroga nin penaltis. De forma unánime polas Federacións territoriais aprobouse para as categorías rexionais solicitar ás Direccións Xerais de Deportes de cada Comunidade Autónoma para que emitan unha resolución nos mesmos termos que a emitida polo Consello Superior de Deporte. Por último, a Comisión de Presidentes decidiu propoñer que se manteñan todas as subvencións, polo menos, de maneira proporcional aos partidos que se xoguen na tempada 20/21, mantendo o poder adquisitivo dos clubs en canto ás subvencións federativas.

Desde o Victoria FC somos conscientes da realidade que están a vivir moitas familias pola reducción dos seus ingresos con motivo da situación actual de crisis sanitaria e económica debido ao confinamento. Co propósito de seguir na nosa idea de axudar sempre desde a nosa posición e dentro das nosas posibilidades aos que o necesiten e así o soliciten, como xa no seu día o fixemos coa Asociación Española do síndrome Sturge Weber, coa Asociación de Dano Cerebral Compostela ou coa Asociación Duchenne a través de torneos solidarios, agora enfocaremos a nosa campaña #VictoriaSolidaria ao reclamo que desde Cáritas da Unidade Pastoral de Milladoiro, Teo e contorno nos acaban de facer pois están axudando a máis de 900 familias en risco de exclusión social con alimentos e productos sanitarios e de hixiene e as aportacións e donacións que están a recibir son insuficientes. Por iso, o Victoria FC ademais de facer a súa aportación invítavos a que participedes coa cantidade que poidades, ben mediante un ingreso único ou aportación semanal no número de conta que aparece no cartel. Moitas grazas de antemán a todos e moito ánimo nestes momentos tan difíciles.

O pasado 14 de marzo, o Goberno español declarou o estado de alarma e con isto o conseguinte confinamento nos nosos fogares. Desde xeito, e descoñecendo o tempo que nos vai tocar estar nas nosas casas, desde o club queremos fomentar a actividade física das nenas e nenos do club e das súas familias. Por iso, imos iniciar a campaña #fainonacasa que vai consistir en que todos os días os adestradores do club enviarán polos grupos unhas sesións de adestramentos compostas por un quencemento, unha parte físico-técnica e unhas cuestións tácticas. Dende o club queremos esperamos que todas e todos vos atopedes ben e vos instamos a que sexades responsabeis e vos quededes nas vosas casas. Moito ánimo!!!   

A RFGF prorroga a suspensión de todas as competicións autonómicas, provinciais e locais ata que as autoridades autoricen a súa reanudación sen riscos Fonte: RFGF Logo da ampliación do Estado de Alarma decretado polo Goberno de España, a Xunta Directiva da RFGF aprobou este domingo 22 de marzo, en reunión mantida por videoconferencia, prorrogar a suspensión de todas as competicións de ámbito autonómico, provincial e local, tanto na modalidade principal de fútbol como en todas as súas especialidades (fútbol sala, fútbol gaélico…) ata que as autoridades competentes consideren que se poden reanudar sen risco algún para a saúde dos futbolistas, corpo técnico e empregados dos clubs e para o público asistente. Medida esta que se toma de acordo co comunicado emitido pola Real Federación Española de Fútbol.

A Comisión Delegada da RFEF aproba a suspensión de todos os partidos de fútbol e fútbol sala masculino e feminino non profesional de ámbito estatal 2 semanas Fonte: RFEF • Aconseja a las federaciones territoriales que también suspendan sus partidos . • Se invita a la LNFP, AFE, Comisión Nacional de Fútbol Sala y asociaciones de jugadores y jugadoras de fútbol sala incorporarse a la Comisión de Seguimiento de la RFEF .  

  Imos de torneo a Asturias!!! Este verán volvemos a un gran torneo. Do 24 ao 28 de xuño, o Victoria FC participará en Sélaa Cup con 6 equipos (1 Benjamín, 2 Alevíns, 2 Infantís e 1 Cadete) que completan un total de 80 xogadores. Ademais, os participantes poderán gozar de actividades como o Parque Aventura ou o Descenso do Sela. Esperemos que todos gocen moito desta nova experiencia.

  Fonte: Futgal A cidade das Burgas prepárase para vivir unha fin de semana de fútbol en estado puro. Ourense converterase desde mañá xoves, con motivo da chegada dos equipos, no epicentro do fútbol base nacional con motivo da disputa da 2ª Fase do Campionato de España Sub 14 e Sub 16 de Seleccións Autonómicas Masculinas, unha cita na que participarán Estremadura, Ceuta e Galicia. As Seleccións Galegas, principalmente a infantil, xóganse a clasificación para a Fase Final.  Aproveitando a importancia do evento, a RFGF decidiu organizar o venres día 6 ás 17.30 horas, despois da disputa da primeira xornada do campionato, unha xuntanta de traballo do Comité de Fútbol Base, que por primeira vez reunirase en Ourense, e no que se tratarán asuntos importantes relacionados co noso fútbol de canteira. A cita terá lugar no restaurante Oira Playa. Orde do día  1. Proposta de modificación da Primeira Autonómica Infantil, Cadete e Xuvenil 2. A Liga Galega Infantil 3. Proposta de modificación das normas regulamentarias que afectan ao fútbol base 4. Asuntos de interese xeral do Fútbol Base 5. Outras propostas, rogos e preguntas  Clubs convocados O presidente da RFGF, Rafael Louzán, presidirá esta xuntanza de traballo do Comité de Fútbol Base ao que tamén asistirán varios membros da Xunta Directiva da Federación e algúns delegados federativos. Os clubs membros deste Comité de Fútbol Base representan a todas as delegacións federativas e, polo tanto, a todo o fútbol galego. Os clubs convocados son os seguintes: Oza Juvenil SD, CD Calasanz, Galicia de Caranza, SCD Milagrosa, ED Os Miúdos, Pabellón Ourense CF, EF Portero 2000, Victoria FC, CD La Guía, ED Val Miñor e os tres clubs galegos do fútbol profesional como son o RC Celta, o RC Deportivo e o CD Lugo. Os acordos que se adopten serán elevados posteriormente á Xunta Directiva e de aí á Comisión Delegada e, si procede, á Asamblea Xeral da RFGF.

Na noite de onte tivo lugar a IV Gala do Deporte de Santiago de Compostela no Auditorio de Galicia. A ceremonia de entrega de medallas e distincións aos mellores deportistas do ano 2019 da nosa localidade, recoñeceu ao noso adestrador Chivi García como o “adestrador máis destacado” e Carmen Sumay como finalista á “mellor deportista feminina”. Sen dúbida dous recoñecementos individuais moi merecidos para ambos, símbolos diarios de dedicación, esforzo, valores, talento, humildade e traballo por e para un equipo e un clube que se sinte moi orgulloso de vos. Noraboa cracks