Con motivo do confinamento decretado polo goberno, a directiva do Victoria FC decide suspender con carácter inmediato e ata nova orde todas as actividades organizadas polo club. Isto inclúe tanto as actividades deportivas como as charlas e talleres coa psicóloga das campañas Xogando con Valores e Futfeminízate. Agardamos que a situación volte á normalidade moi pronto. Unha aperta