<%=Club.Nombre %>

Noticias

O vindeiro mércores 25 a partir das 16:30 celebrarare vía online e de forma gratuita unha xornada de actualización antidopaxe dirixido a federacións, clubes, adestradores, deportistas e profesionais vinculados ao deporte.   Na seguinte ligazón poderanse ver os contidos de dita presentación.

A Fervenza e 5 Coruña recuperan o partido adiado da décimoterceira xornada da Segunda RFEF. Ambos conxuntos loitan por salvar a categoría con 9 e 8 puntos respectivamente. Partido vital para ambos que buscarán a victoria con creces. O factor cancha pode ser determinante para o comarcal A Fervenza, xa que na casa sempre compite moi ben a todos os rivais. Con todas as xogadoras disponibles e tras competir moi ben a anterior xornada, as rosas de Nacho García afrontan este partido con moita motivación e sabendo o importante do mesmo. O conxunto coruñés chega ao encontro adiado coa moral alta, tras vencer ao Universidade de Salamanca o pasado fin de semana. O encontro disputaráse hoxe a partir das 21:00 no pavillón municipal de A Gándara e poderédes seguir todos os comentarios en DIRECTO do encontro a través da nosa conta de twitter.

O conxunto dirixido por Nacho García desplazábase a terras Asturianas para enfrontarse ao Rodiles FS na xornada 18 da segunda división. A primeira metade de encontro sería unha constante de idas e voltas por parte de ambo-los dous conxuntos, sin chegar a ser capaces de batir ás porteiras que fixeron un gran papel durante a mesma. Sería o minúto 26 da segunda metade cando se abriría o marcador no municipal de Villaviciosa por parte do conxunto local, nunha xogada illada que tras un rexeite a xogadora local Nuria batiría a meta de Clara con unha gran definición. O segundo gol chegaría aos 30 segundos do primeiro, nunha xogada individual de Isa, na saída de balón, que con un tiro raso dende a frontal poría o segundo para o Rodiles FS. ADN ROSA A pesar de encaixar os dous goles en a penas 30 segundos, este equipo nunca baixa os brazos e tentou a portería local en varias ocasións.  Carmen recortaría distancias tras un gran pase de Ra, que a deixaría sola ante a meta asturiana e cunha gran definición recortaría distancias no electrónico. O terceiro e definitivo gol das asturianas chegaría noutra xogada individual de Isa. #AsRosas ocupan a decimosegunda plaza con dous encontros menos.

Tras as probas PCR realizadas ao primeiro equipo antes de comezar a semana de adestramentos, detectaronse 3 casos positivos de COVID-19 no conxunto rosa. As 3 afectadas están en bo estado e atópanse nas súas casas gardando cuarentena. Comezamos así o protocolo determinado pola RFEF e FUTGAL.

A #SegundaRFEF daba o pistoletazo de saída a este 2022 cun novo derbi comarcal de fútbol sala feminino entre A Fervenza FSF Narón/Ferrol e o Valdetires Ferrol FS. O primeiro partido deste novo ano non comezaría moi ben para as nosas guerreiras a pesar de loitar e dalo todo na pista durante os 40 minutos de xogo. O encontro comezaba moi disputado, con 4 minutos de posesións largas para ambo-los dous conxuntos. Marcador igualadísimo ata que un gran disparo da porteira visitante Andrea abriría o marcador tras un gran disparo dende medio campo no que Clara nada puido facer.  Cando mellor estaban xogando as rosas, con varias ocasións claras para empatar o encontro tras a expulsión de Erika, foi de novo Andrea, esta vez dende a súa propia portería pillando a Clara un chisquiño adiantada para poñer o segundo no marcador.  O terceiro gol visitante chegaría tras un roubo de balón en primeira liña. As nosas puideron recortar distancias con un tiro de María a portería vacía que se foi por moi pouco. Antes do descanso, dous dobres penaltis para o Valdetires, un deles fora e outro parouno Clara. Segunda metade calcada. A segunda metade sería un calco da primeira,O conxunto rosa saía con Clau como porteira xogadora, pero un golazo de falta moi perigosa poñería o cuarto gol que sería un duro golpe para as xogadoras dirixidas por Nacho García. A raíz de ese gol e con porteira xogadora, chegarían o resto dos goles. Desaxustes defensivos causados pola ansia en entrar no partido darían cancha a un Valdetires que non perdonou no derbi rematando o encontro con un 0-8.   A Fervenza FSF: Clara, Belén, Carmen, Claudia e María. Tamén xogadon María, Otero, Antía, Julia, Mery, Sami e Jenny. Valdetires Ferrol: Iria, Sheila, Carol Senra, Carolina García e Diana. Tamén xogaron Susi, Erika, Lucía e Andrea.

O equipo dirixido por Nacho García venceu por 2-0 ao Viuda de Sainz Gora FS A Fervenza Ferrol/Narón afrontaba o primeiro encontro como local nesta temporada recibindo ao Viuda de Sainz Gora FS correspondendo así á segunda xornada da Segunda RFEF  O conxunto rosa, con ganas de empezar a sumar puntos tras a derrota a semana anterior en Logroño, saía á pista de A Malata con ganas de ter o protagonismo e ter o balón. As primeiras ocasións chegaban por parte do conxunto comarcal que asumía así o risco de crear moito volume de xogo en zona de finalización cunha presión moi alta.  A presión alta deu os seus froitos, provocando o saque de banda do que chegaría o primeiro tanto, en propia portería dunha xogadora visitante.  Tras o gol, o conxunto bilbaíno tentaba chegar á portería defendida por Clara sen recompensa, un xogo moi directo era interceptado pola defensa de A Fervenza. Segunda parte de equipo. A segunda metade foi de EQUIPO totalmente, sabendo sufrir e sabendo levar o partido a pesar da presión rival, sen apenas sufrir ocasións do equipo visitante, asumindo o balón co paso dos minutos, defendendo a porteira xogadora con claridade e xerando algunha que outra ocasión para aumentar o marcador.  Froito desa seriedade defensiva chegaría o segundo e definitivo gol, tras un roubo de belén no xogo de cinco e toparse co poste, chegaría Clau en segunda liña para poñer o punto e final a este encontro tan serio das nosas guerreiras.