<%=Club.Nombre %>

Noticias

O PASADO SÁBADO 11 DE SETEMBRO TIVEMOS A PRESENTACIÓN OFICIAL DO CLUB PARA TODOS AFICIONADOS E AFICIONADAS QUE SE ACHEGARON AO MUNICIPAL ARTURO PEREIRO. DESPUTOUSE UN PARTIDO AMIGABLE ENTRE O C.D. CASTRO E O RIBADEO QUE REMATOU CUN EMPATE SEN GOLES. A XORNADA ESTIVO AMENIZADA POLO GRUPO FORGET LA FRANCE, QUE ADEMÁIS DE TOCAR ALGÚN DOS SEUS TEMAS MÁIS COÑECIDOS E ALGUNHA DAS SÚAS FANTÁSTICAS VERSIÓNS, PRESENTOU O HIMNO OFICIAL DO NOSO CLUB. HIMNO QUE TEMOS QUE IR APRENDENDO PARA PODER CANTAR TODOS E TODAS XUNTAS CANDO VEÑAMOS ANIMAR AOS DISTINTOS EQUIPOS DA FAMILIA VERMELLA. PARA REMATAR A XORNADA, TODAS AS CATEGORÍAS DESFILARON E  RECIBIRON A OVACIÓN AGARIMOSA DOS SEUS FAMILIARES E AMIGOS.  E POR SUPOSTO, FIXEMOS FOTO DE FAMILIA. AGARDAMOS QUE O PASARADES TODOS MOI BEN E POR SUPOSTO, ESPERAMOS VERVOS NAS SEGUINTES CITAS. NON PERDADES OLLO ÁS NOSAS RRSS (IMSTAGRAM/FACEBOOK) PORQUE OS AMIGABLES DE PREPARACIÓN NON REMATARON. GRACIAS POR TODO... SOMOS MÁIS SI É CONTIGO

O VINDEIRO SÁBADO 11 DE SETEMBRO, NO NOSO MUNICIPAL, O ARTURO PEREIRO, TERÁ LUGAR A PRESENTACIÓN DO EQUIPO NUN PARTIDO CONTRA O RIBADEO F.C. O PARTIDO SERÁ AS 18:OO HRAS. ENTRADA GRATUITA ATA COMPLETAR O AFORO ESTABLECIDO REMATADO O PARTIDO TERÁ LUGAR A PRESENTACIÓN OFICIAL DE TODAS AS CATEGORÍAS DO CLUBE.... E ALGUNHA QUE OUTRA SORPRESA DE VERDADE O VAS PERDER???   ESTAMOS AGARDANDO POR TI  

COMEZAMOS A CAMPAÑA DE ABONOS PARA A TEMPADA QUE XA ESTÁ A PIQUES DE COMEZAR. A PASADA TEMPADA  FOI A BASE A QUE LEVOU O NOME DO NOSO CLUB FORA DO ARTURO PEREIRO XA QUE EQUIPO SENIOR NON PUIDO COMPETIR POR MOR DA PANDEMIA. ESTAMOS EN DÉBEDA E INFINITAMENTE AGRADECIDOS ÁS FAMILIAS DA BASE POLA CONFIANZA DEPOSITADA NO NOSO PROXECTO, SOBRE TODO, NUN ANO TAN COMPLICADO, CHEO DE MEDOS E INCERTIDUMES. ESTA TEMPADA ARRINCA DE NOVO. A BASE VOLVERÁ A COMPETIR, TENTANDO SEMPRE DE MOSTRAR  A SÚA MELLOR CARA, PERO SOBRE TODO, APRENDENDO A CONVIVIR NO RESPECTO COMPAÑERISMO. E TAMÉN O EQUIPO SENIOR VOLVERÁ A PISAR O CÉSPEDE. E NON SÓ 1. TEREMOS 2 EQUIPOS SENIOR PARA DESFRUTAR NO ARTURO PEREIRO. POR ISO, HOXE MÁIS QUE NUNCA, ESTA TEMPADA MÁIS QUE NUNCA ,PRECISAMOS DO TEU APOIO, DO TEU ALENTO, EN CADA PARTIDO. SOCIOS E SOCIAS, ABRIMOS CAMPAÑA DE ABONADOS.PRECISAMOS DO TEU APOIO. NON NOS DES AS COSTAS E SÚMATE CAMPAÑA DE ABONADOS 2021/2022 MOITO POR VER  

MOI BOAS SIAREIRXS... ARRINCAMOS NOVA TEMPADA. SIIIIII, CÓMO LEDES. MAÑÁ COMEZAN OS ENTRENOS DOS EQUIPOS DA ESCOLA DE FÚTBOL. MAÑÁ RETOMAMOS CONTACTOS COA CARAS DE ILUSIÓN, AS BOTAS NOVAS, OS REENCONTROS COS COMPAÑEIROS, COÑECER AO ADESTRADOR... QUÉ ILUSIÓN!!!    

ESTAMOS POÑÉNDONOS EN FORMA DE CARA A NOVA TEMPADA. E POR SUPOSTO, DÁNDOLLO FORMA Á NOVA PÁXINA WEB. SÍ, XA O SABEMOS. ESTÁ ALGO BALEIRA E A TRAVÉS DELA POUCA INFORMACIÓN IDES ATOPAR. PERO ÉSTO É TEMPORAL. DÍA A DÍA IREMOS ENGADINDO COUSIÑAS DE INTERESE PARA TODAS E TODOS E TENTAREMOS MANTERVOS INFORMADXS DE TODAS AS NOVAS QUE AFECTEN AO CLUBE.  OS NOSOS MAIORES TAMÉN COMEZARON A PRETEMPADA... E A ESCOLA DE FÚTBOL ARRINCA ESTE XOVES CON MÁIS ILUSIÓN CÁ NUNCA.  ESPERAMOS QUE  A VOLTA SEXA SATISFACTORIA.   BENVIDXSSSSS 


1