<%=Club.Nombre %>

Novas

Onte tivo lugar na sede da Real Federación Galega de Fútbol na Coruña acolleu o sorteo da 80ª edición da Copa masculina. Os vicepresidentes Juan Luis Villamisar e Pablo Prieto, o secretario xeral Diego Batalla e o delegado Manolo Corredoira celebraron o sorteo nun acto no que estiveron presentes un amplo número de clubs participantes. Na categoría masculina son 50 os equipos inscritos. Cabe recordar que as eliminatorias son a partido único no campo do equipo de inferior categoría, e no caso de que os dous sexan da mesma categoría respétase a orde na que saíron no sorteo.

Anunciarvos que a SDC ORDENES e CONCELLO DE ORDES traen para esta semana santa o 1º CLINIC DE PORTEIROS FÚTBOL EMOTION . Dito clinic vaise desenrolar os dias 3,4 e 5 de ABRIL nas instalacións da Cidade Deportiva de Vista Alegre na localidade de Ordes . Estamos a falar dun clinic que contara ca supervisión de JOSE SAMBADE , adestrador de porteiros cunha ampla experiencia tanto nas grandes ligas como na base , RCD da Coruña , Besiktas , Fulham , Mónaco e a Selección Española Absoluta . Estara acompañada por outra figura relevante no adestramento de porteiros como e FRAN MARTINEZ coñecido como " PANA" . Este e o primeiro paso porque xa esta confirmado que para o ano vanse asentar unha escola de porteiros nas instalacións de Vista Alegre e así poder dar un amplo servizo os clubs da comarca . Seguiremos informando Os xogadores que queiran participar pódense poden pedir información na paxina www.futbolemotion.com/es/academy  .  

Neste capítulo de "Falando cos nosos" coñecemos a Fidi. Nova fichaxe, un trotamundos e outro dos avós do vestuario con tan so 29 anos.

Neste capítulo de "Falando cos nosos" coñecemos a Román Gende. Outro dos xogadores destacados do pobo criado no club.

Neste capítulo de "Falando cos nosos" coñecemos a Raúl Pereiras. Nova fichaxe procendente do Puebla FC e natural de Oleiros (A Coruña).

Neste capítulo de "Falando cos nosos" coñecemos a Nacho. Un dos avós do equipo.