A RFGF presenta aos 37 clubs inscritos o plan competicional exprés da Preferente.

A Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) mantivo este martes unha reunión telemática cos 37 equipos inscritos na categoría de Preferente Galicia, entre os que se encontra o Primeiro equipo do Club de Futbol Noia, na mesma informouse sobre o formato competicional exprés e aclarar todas as dúbidas que os responsables dos equipos puidesen ter ao respecto do desenvolvemento desta inédita tempada.

Distribución dos grupos: Norte e Sur

GRUPO NORTE: 19 equipos divididos en 3 grupos

No que se refire ao Grupo Norte, os 19 equipos inscritos quedan divididos en 2 grupos de 6 equipos e 1 grupo de 7 equipos, según o criterio xeográfico. Dado que hai un grupo con 7 equipos e, polo tanto, con catro xornadas máis de competición, este dará comezo o 21 de marzo mentras que os outros dous comezarán o 28 de marzo. Tamén haberá xornada de competición o Xoves Santo e dous días máis entre semana. Todo elo sempre que así o permita a situación sanitaria e a evolución da competición non se vexa perxudicada polas dificultades propias da pandemia. A competición rematará o 27 de xuño.

GRUPO SUR: 18 equipos divididos en 3 grupos

No que se refire ao Grupo Sur, os 18 equipos inscritos quedan divididos en 3 grupos de 6 equipos cada un, según o criterio xeográfico. A competición dará comezo o 28 de marzo e rematará o 27 de xuño.

Dúas fases

A tempada divídese en dúas fases. A primeira cunha liga regular en cada un dos subgrupos de todos contra todos a dúas voltas. Os dous primeiros clasificados de cada subgrupo conseguirán o pase para o Grupo do Ascenso. Os tres primeros de cada subgrupo arrastrarán 3 puntos e os segundos 1 punto cada un. Esta fase de ascenso só se xogará a unha volta (cada equipo disputará dous partidos como local e dous como visitante) e non se enfrontarán os equipos que procedan do mesmo subgrupo. Os dous primeiros acadarán o ascenso a Terceira División.

Fase da Copa do Rei

Dado que a RFEF instaurou que un equipo de categoría autonómica debe disputar a fase previa da Copa do Rei, neste ano tan especial a RFGF considerou que sexan os terceiros clasificados de cada subgrupo na primeira fase os que loiten por esa praza.

Os equipos do Grupo Norte poucas alegacions fixeron o Plan Competicional, so facendo pequenas indicacions respecto a xogar a dobre volta a 2 Fase, a clasificación dos cuartos clasificados na Fase da Copa do Rei, a número de xogadores convocados solicitando que a mesma sexa de 18 ou 20 xogadores.

Logo de pouco mais de unha hora de reunión onte se explicaron principalmente o Plan Compitacional e a Nova Circular que se nos presentara nos vindeiros dias respecto a competición.

Ainda que xa temos data de inicio o Grupo A o proximo 21 de marzo e os Grupos B e C o vindeiro 28 de marzo, queda pendiente o sorteo do calendario.

Na mentras os equipos de Preferente iniciaron os seus adestramentos, con foi o casa do noso equipo, previamente o inicio do mesmo, todos os xogadore incluidos os rapaces que estan a adestrar co primeiro Equipo do noso equipo dependente Cf Noia-Cruido e Ivan Creo dos xuveniles, corpo tecnico e aqueles directivos que estan cen contacto cos xogadores pasaron o correspondente Test de Antixenos dando como resultado NEGATIVO.

Tamen xa temos pechado un amigable para o vindeiro Domingo 14 no campo do Betanzos C.F.