Moraña C.F.
<%=ClubInfo.Nombre %>

O Moraña C.F. presenta a todos os seus socios/as, familias e afeccionados/as unha nova forma de vivir e seguir o club durante esta tempada grazas a FootballClub. Por tan só 2,99 € ao mes, os afeccionados poderán acceder ao plan Mi Moraña C.F. e gozar dos partidos do club a través da plataforma. Que inclúe a subscrición? TODOS Partidos de todas as categorías do Moraña C.F. en directo. Acceso aos partidos e contidos dispoñibles, para poder velos cando queiras. Para gozar do plan, á hora de realizar a subscrición deberás seleccionar o Moraña C.F. como equipo favorito. 👉 PREZO: 2,99 €/MES podes ver todas as categorías do Moraña C.F. 🔗 ENLACE PARA ACCEDER Á OFERTA:  https://www.footballclub.pro/ Con esta iniciativa, o Moraña C.F. continúa medrando en visibilidade e dando novos pasos na súa comunicación, co obxectivo de achegar o club e os partidos dos nosos equipos a todos os socios/as, familias e afeccionados/as.   Moraña C.F. | SOMOS O MORAÑA C.F.

O MORAÑA C.F. VOLVE GAÑAR NUN PARTIDO MOI DISPUTADO O Moraña C.F. fixo valer a súa fortaleza no Buelo para impoñerse por 2-1 ao C.D. Bamio na terceira xornada da Terceira Futgal. Un encontro intenso e moi traballado polos de Nacho Romar, que saíron decididos desde o primeiro minuto e souberon competir ata o final. Os vermellos tiveron unha oportunidade inmellorable para adiantarse moi cedo. Rodrigo Cor dispuxo dun penalti, pero o porteiro do C.D. Bamio acertou na súa intervención e evitou o primeiro tanto do encontro. O Moraña non acusou o golpe e continuou buscando con insistencia a portería rival. O premio chegaría pouco despois. No minuto 18, Javi Oubiña aproveitou a ocasión para abrir o marcador e asinar o 1-0, resultado co que se chegou ao descanso.   Tras o paso polos vestiarios, o encontro mantívose aberto e disputado. No 65', Mario García nunha contra en transicción e conseguiu igualar o marcador para o C.D. Bamio, poñendo o 1-1 e obrigando aos nosos a volver buscar o gol da vitoria. E a resposta do Moraña tuveo que esperar ata o minuto 73', Anxo Domínguez, tras un saque de esquina, rematou maxistralmente o centro para mandar o balón ao fondo da rede e facer o 2-1, un gol que acabaría sendo definitivo.   Os últimos minutos obrigaron ao Moraña a poñerse o mono de traballo. O conxunto visitante buscou o empate, pero os nosos souberon pechar filas, competir e defender con carácter unha vantaxe que xa non se movería. Asubío final, 2-1 e tres puntos que quedan no Buelo. Unha vitoria de traballo, carácter e equipo diante da nosa xente. 📋 ALIÑACIÓNS MORAÑA C.F.: Diego Puga; Anxo Domínguez, Mario Fortes, Rubén Candal (c), Raúl Mirás, Rodrigo Cor, Damián Pereira, Pablo Fernández, Daniel Fontán, Javi Oubiña e Dominic García. Tamén participaron: Alejandro Pertusa, Roberto Maquieira, David Pereira e André García. Adestrador: Nacho Romar.  C.D. BAMIO: Daniel Tarrío; Sergio Díaz, Richard Vázquez, Pablo Maneiro (c), Santiago Ferro, Raúl Iglesias, Alejandro Barcala, Ángel Gabriel Bungeteano, Luis Ángel Castro, Mario García e David Bóveda. Tamén participaron: Manuel Brea, Isaac Antonio Caldas, Juan Pablo Achique e Antón Garrido. Adestrador: Ricardo Vázquez Señoráns.  ⚽ Goles: Javi Oubiña (18') e Anxo Domínguez (65') / Mario García (73').        

MORAÑA C.F. 9 – 0 C.D. PORTAS O Moraña C.F. asinou unha convincente actuación ante o C.D. Portas e impúxose por 9-0 no Campo Municipal de O Buelo, no encontro correspondente á segunda xornada da Terceira Futgal, Grupo 1 de Pontevedra. O conxunto dirixido por Nacho Romar deixou o partido practicamente encarrilado na primeira metade, chegando ao descanso cun claro 4-0.  O marcador abriuse no minuto 13 por medio de Anxo Domínguez. O Moraña mantivo o seu dominio e David García ampliou a vantaxe no 21. Antes do descanso chegarían dous novos tantos: Rodrigo Cor anotou o terceiro no minuto 32 e David García repetiu no 38 para establecer o 4-0. O C.D. Portas xogou en inferioridade desde o minuto 18 tras a expulsión de Marcos Bacariza por dobre amoestación, circunstancia que condicionou o desenvolvemento do encontro.  Na segunda metade, o Moraña mantivo a intensidade. David García completou o seu triplete no minuto 54 e Rodrigo Cor asumiu o protagonismo ofensivo con tres novos tantos nos minutos 68, 78 e 84, completando un póker. Dominic García, que entrara desde o banco, tamén se sumou á goleada no minuto 79.  Deste xeito, o Moraña pechou unha tarde de grande eficacia ofensiva, con nove goles e a portería a cero, sumando unha contundente vitoria diante da súa afección. Moraña C.F.: Anxo Souto; Anxo Domínguez, Mario Fortes, Rubén Candal, Raúl Mirás, David García, Rodrigo Cor, Damián Pereira, Daniel Fontán, Javier Oubiña e Alejandro Pertusa. Suplentes: Diego Puga, Pablo Fernández, Roberto Maquieira, David Pereira e Dominic García. Adestrador: Nacho Romar.  C.D. Portas: Diego Castro; Marcos Bacariza, Xurxo Feixo, Manuel Fernández, Rubén Moldes, Francisco Fernández, Juan Diangello Paz, Hugo Castromán, Jorge Monteagudo, Anxo Baldomero e Juan Méndez. Suplentes: Sergio Monteagudo, Joel Rey, Carlos Gómez, José Antonio Vázquez e Jaime Arias. Adestrador: José Carlos Sineiro.  Goles: 1-0, Anxo Domínguez (13'); 2-0, David García (21'); 3-0, Rodrigo Cor (32'); 4-0, David García (38'); 5-0, David García (54'); 6-0, Rodrigo Cor (68'); 7-0, Rodrigo Cor (78'); 8-0, Dominic García (79'); 9-0, Rodrigo Cor (84').  A nota negativa do encontro foi a lesión de Alejandro Pertusa, que tivo que ser atendido por unha lesión no xeonllo dereito.  Resultado final: Moraña C.F. 9–0 C.D. Portas.   Seguimos traballando. Forza Moraña!      

O MORAÑA ARRINCA A LIGA SUMANDO EN VILANOVA (2-2) O Moraña C.F. estreou a tempada 2026/27 na Terceira Futgal – Grupo 1 de Pontevedra cun empate (2-2) ante a E.F.B. Vilanova, nun encontro disputado este domingo no campo de O Terrón, en Vilanova de Arousa.  Un Moraña que nunca baixou os brazos e que incluso puido levar os tres puntos dun campo que, de seguro, será un dos máis complicados da categoría esta tempada. O encontro comezou con intensidade e foi o conxunto local quen conseguiu abrir o marcador no minuto 20 por medio de Edgar Domínguez. Pero a reacción do Moraña foi inmediata. Apenas tres minutos despois, no 23', Rodrigo Cor apareceu para poñer o 1-1 e devolver a igualdade ao marcador. O Vilanova conseguiu adiantarse de novo no minuto 31, nesta ocasión por medio de Iñaki Baulde, chegando ao descanso cun 2-1 favorable aos locais.  Na segunda metade, os de Nacho Romar seguiron crendo. O Moraña buscou o empate, moveu o banco e mantívose dentro dun partido moi disputado ata os minutos finais. E o premio chegou no 83'. Pertu asumiu a responsabilidade desde o punto de penalti e transformou o 2-2, rescatando un punto no primeiro compromiso ligueiro da tempada.  Un empate que deixa unha boa mostra do carácter do equipo: dúas veces por detrás no marcador e dúas veces capaz de reaccionar. O Moraña abre así a nova tempada sumando a domicilio e competindo ata o final. ALIÑACIÓNS E.F.B. Vilanova: Gabriel Gándara, Brais Martínez, Bastian Campo, Iker Rebolo, Benito Fernández, Iñaki Baulde, Diego García, Edgar Domínguez, Pablo Jueguen, Iván Castro e Marcos Morgade. Suplentes: Alexander Márquez, Benigno Santos, Manuel Portas, Joaquín Fasanando e Cristian Suárez. Moraña C.F.: Diego Puga, Anxo, Mario Fortes, Candal, Mirás, David García, Rodrigo Cor, Damián Pereira, Fontán, Javier Oubiña e Pertu. Suplentes: Anxo Souto, André García, Roberto Maquieira, Pereira e Dominic. ⚽ GOLES 20' Edgar Domínguez (1-0) · 23' Rodrigo Cor (1-1) · 31' Iñaki Baulde (2-1) · 83' Pertu, de penalti (2-2).   FINAL | E.F.B. VILANOVA 2–2 MORAÑA C.F. Primeiro punto da tempada, conseguido fóra da casa e nun partido no que o equipo demostrou que vai competir ata o último minuto. 🔴🔵 Isto non fixo máis que comezar. Seguimos      

  Esta fin de semana comeza a competición oficial para varias das categorías do Moraña C.F. O sábado 26 de setembro, o equipo Infantil estrearase ante a A.C.D. A Seca “C”, mentres que os Veteranos recibirán ao C.D. Portas Veteranos. Pola súa parte, o encontro dos Xuvenís ante a S.D. Chispa, previsto para esta primeira xornada, queda aprazado. O domingo 27 de setembro será a quenda do Sénior Masculino, que comezará a liga visitando á E.F.B. Vilanova, e dos Cadetes, que se estrearán ante o C.D. Mosteiro. Comeza unha nova tempada chea de ilusión, traballo e fútbol. Moita sorte a todos os nosos equipos!    


1 2