OK

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que usted tenga la mejor experiencia usuario. Si continúa navegando, está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y nuestra Política de cookies

<%=Club.Nombre %>

Aberto o prazo de inscripción para a tempada 2020-2021


Abrimos o prazo de inscripción para a tempada 2020-2021

Desde o próximo luns 1 de xuño xa podedes inscribiros no noso club para participar nas actividades que ofertamos. 

Ofertamos as seguintes actividades para nenos e nenas desde os 4 ata os 18 anos:

  • Fútbol Sala
  • Fútbol Campo
  • Predeporte
  • Educación Física e Saúde

Ademais, complementamos estas actividades deportivas con outras campañas destinadas a fomentar os valores educativos, hixiénicos e saudables no deporte, como son:

  • Xogando con Valores: iniciativa destinada a fomentar os valores educativos no deporte dirixida pola psicóloga Ana Rendo
  • Futfeminízate: iniciativa destindada a fomentar os valores educativos e o fútbol feminino coa psicóloga Ana Rendo
  • Programa Dafis: proxecto integral de hábitos de vida saudable mediante medicións e probas físicas complementado co nutricionista Álvaro Casas para a mellora de hábitos alimenticios

Dispoñedes de toda a información no documento OFERTA ACTIVIDADES 2020-2021 na sección de Descargas desta web


Compartir en: