<%=Club.Nombre %>

NACE A PRIMEIRA DIVISION GALEGA FEMININA ARZUA ULLOA DOP


O Consello Regulador Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa convértese no patrocinador principal da máxima categoría do fútbol feminino en Galicia.

A Primeira División Galega Feminina Arzúa-Ulloa DOP xa é unha realidade. O 9 de setembro do 2022 forma parte da historia do fútbol feminino galego tras a rúbrica do acordo entre a Real Federación Galega de Fútbol e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa, entidade que se converte no patrocinador principal, e por primeira vez, do patrocinador principal da Primeira División Galega Feminina.

A presentación oficial do evento tivo lugar este venres no salón de actos Amancio Amaro da sede da RFGF en Santiago de Compostela e á mesma acudiron o presidente da RFGF, Rafael Louzán; Xosé Luís Carrera, presidente do Consello Regulador da DOP Arzúa-Ulloa; Amancio Varela, directivo da RFGF responsable do fútbol feminino en Galicia; e Óscar Pérez, secretario-xerente do Consello Regulador da DOP Arzúa-Ulloa. Ademais, na posta de longo deste acordo histórico tamén estiveron presentes varios directivos da RFGF e varios representantes dos clubs que militan na desde hoxe Primeira División Galega Feminina Arzúa-Ulloa DOP.

Un día histórico para o fútbol feminino galego

O presidente da RFGF, Rafael Louzán, mostrouse orgulloso unha vez asinado o patrocinio e destacou que "hoxe é un día para celebrar, porque por primeira vez a máxima categoría do fútbol feminino galego conta co apoio firme dunha entidade das nosas, puramente galega, como é Arzúa-Ulloa, o queixo máis vendido en Galicia. Oxalá isto dure no tempo e axude a que o fútbol feminino siga crecendo a pasos axigantados en Galicia".

Xosé Luís Carrera, pola súa banda, tamén mostrou a súa satisfacción neste día tan importante, tanto para a RFGF como para o Consello Regulador da DOP Arzúa-Ulloa: "Tiñamos claro que queriamos apostar polo fútbol feminino galego. Cando nos chegou a proposta da Federación non o dubidamos. É un acordo moi beneficioso para ambos, porque os clubs van beneficiar da nosa aposta e estamos seguros de que o queixo Arzúa-Ulloa tamén vai incrementar o seu valor de marca".

Nace a Primeira División Galega Feminina Arzúa-Ulloa DOP

Este 9 de setembro supón o nacemento da Primeira División Galega Feminina Arzúa-Ulloa DOP, unha competición que arrinca esta fin de semana coa participación de 16 equipos, que son os seguintes:

Grazas a este acordo, todos os clubs beneficiaranse economicamente e servirá, ademais, para levar a cabo varias iniciativas co fin de promocionar ou futfem na nosa comunidade.


Comparte en:

  • X (Twitter)