OK

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que usted tenga la mejor experiencia usuario. Si continúa navegando, está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y nuestra Política de cookies

<%=Club.Nombre %>

A Cidade das Burgas albergará este venres a reunión do Comité de Fútbol Base


 

Fonte: Futgal

A cidade das Burgas prepárase para vivir unha fin de semana de fútbol en estado puro. Ourense converterase desde mañá xoves, con motivo da chegada dos equipos, no epicentro do fútbol base nacional con motivo da disputa da 2ª Fase do Campionato de España Sub 14 e Sub 16 de Seleccións Autonómicas Masculinas, unha cita na que participarán Estremadura, Ceuta e Galicia. As Seleccións Galegas, principalmente a infantil, xóganse a clasificación para a Fase Final. 

Aproveitando a importancia do evento, a RFGF decidiu organizar o venres día 6 ás 17.30 horas, despois da disputa da primeira xornada do campionato, unha xuntanta de traballo do Comité de Fútbol Base, que por primeira vez reunirase en Ourense, e no que se tratarán asuntos importantes relacionados co noso fútbol de canteira. A cita terá lugar no restaurante Oira Playa.

Orde do día 

1. Proposta de modificación da Primeira Autonómica Infantil, Cadete e Xuvenil

2. A Liga Galega Infantil

3. Proposta de modificación das normas regulamentarias que afectan ao fútbol base

4. Asuntos de interese xeral do Fútbol Base

5. Outras propostas, rogos e preguntas 

Clubs convocados

O presidente da RFGF, Rafael Louzán, presidirá esta xuntanza de traballo do Comité de Fútbol Base ao que tamén asistirán varios membros da Xunta Directiva da Federación e algúns delegados federativos.

Os clubs membros deste Comité de Fútbol Base representan a todas as delegacións federativas e, polo tanto, a todo o fútbol galego. Os clubs convocados son os seguintes: Oza Juvenil SDCD CalasanzGalicia de Caranza, SCD MilagrosaED Os MiúdosPabellón Ourense CFEF Portero 2000Victoria FCCD La GuíaED Val Miñor e os tres clubs galegos do fútbol profesional como son o RC Celta, o RC Deportivo e o CD Lugo.

Os acordos que se adopten serán elevados posteriormente á Xunta Directiva e de aí á Comisión Delegada e, si procede, á Asamblea Xeral da RFGF.


Compartir en: