OK

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que usted tenga la mejor experiencia usuario. Si continúa navegando, está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y nuestra Política de cookies

<%=Club.Nombre %>

Doazón do Victoria FC a Cáritas Milladoiro-Teo para os afectados pola crisis da Covid-19


O Victoria FC entregou onte os cartos recadados na campaña #VictoriaSolidaria á Unidade Pastoral Milladoiro, Teo e contorna para axudar ás familias afectadas pola crisis xenerada pola COVID-19. O club entregou 2.510 euros correspondentes a 1.510 euros recadados máis os 1.000 euros doados polo propio club.

Queremos agradecer enormemente a todos aqueles que fixeron as súas aportacións porque desde xeito moitas familias sen ingresos van a seguir recibindo alimentos e productos sanitarios e de hixiene durante un maior período de tempo mentres dura esta crisis sanitaria e económica.

Por suposto, a campaña continúa polo que esperamos seguir recibindo aportacións ben na nosa conta VictoriaSolidaria ou na conta que ofrece a Unidade Pastoral na súa web.

Moitas grazas a todos e todas  


Compartir en: