OK

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que usted tenga la mejor experiencia usuario. Si continúa navegando, está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y nuestra Política de cookies

Cabecera C.F. Noia

FESTA DA EMPANADA DOMINGO 25 AS 13:00 PRAZA CONSTITUCIÓN DE NOIA


Este Domingo 25 de Agosto ás 13:00, o Club de  Futbol Noia e o  Concello de Noia – Concellería de Cultura, dan continuidade ás tradicións de nosa Villa, coa celebración da FESTA DA  EMPANADA.

Dende o Club de  Futbol Noia, animámosvos a acompañarnos na Praza da Constitución, (Xulgados de Noia) para degustar este tradicional prato onde será a estrela a empanada de Berberechos de Noia.

 

 

Este xoves foi presentada no Salón de Plenos do  Concello de Noia, a FESTA DA EMPANADA, dentro das actividades das nosas festas patronais de San Bartolomé, que se inician hoxe.  Dita presentación foi presidida por Pepe Pérez, Concelleiro de Cultura do  Concello de Noia acompañado por Marisol Villar, Concelleira do noso  Concello, Manuel Rey, Xerente de  CENOR Electrodomésticos Caracas e principal  valedor durante moitos anos desta Festa tan Nosa, como é a Festa da Empanada,  Santiago Cruz, Patrón Maior da Confraría de Pescadores de San  Bartolome de Noia e membros da nosa directiva.

 

 

Dende o Club queremos agradecer ao  Concello de Noia e ao seu Concelleiro de Cultura, Pepe Pérez, o depositar unha vez mais na nosa entidade a organización desta festa tan nosa, dos Noieses e Noiesas, abrindo as portas da nosa Vila a todas aquelas persoas que nos queiran acompañar.

 

 

CONCURSO DA EMPANADA.

 

 

Animar a todos a participar no CONCURSO DA  EMPANADA, no cal, Manuel Rey , Xerente de  CENOR Electrodomésticos Caracas, pon ao dispor dos gañadores de fabulosos premios. Todos aqueles que vos animedes a participar simplemente tedes que traer a vosa Empanada (non hai limitación de numero nin de ingradientes) ao punto de información, situado na propia Praza da Constitución antes das 13:00 do mesmo Domingo 25, a partir das 13:30 o Xurado, dará bo recado das mesmas dando a súa valoracións e puntuación para decretar ás Empanadas gañadoras.

 

 

Ao longo da mañá realizásense diferentes sorteos de variados agasallos para todos aqueles que degusten algunha das Empanadas da Festa.

 

 

Dende o Club de  Futbol queremos agradecer ao  Concello de Noia,  CENOR  ELECTRODOMESTICOS CARACAS,  COFRADIA DE PESCADORES SAN  BARTOLOME, BACALLAU  OUTON, PEDROSA FREIRE,  FERRO BACALLAU, a súa dispoñibilidade na colaboración coa nosa entidade para a organización da FESTA DA  EMPANADA.

 

 


Comparte en:
  • google+