<%=Club.Nombre %>

ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN NA ESCOLA DE FÚTBOL DO CLUB DE FÚTBOL NOIA 2021/22


Aberto prazo de inscrición na Escolá de Fútbol do @cfnoia, podes descargar a folla de inscrición na nosa web, www.cfnoia.es.

O ano pasado nun ano moi complexo catro dos noso xuvenils debutaron co primeiro equipo. Son estas cousas as que fan o que nos alentan a seguir traballando. Seguiremos priorizando a formación e apredizaxe nas categorías iniciais de Fútbol 8 para tentar medrar nas categorías de Fútbol 11, polo que traballeremos na formación e captación de rapaces que queiran medrar como xogador e poder pelexar por entrar na dinámica do primeiro equipo, principal obxectivo da Escolá e do Club.

Seguiremos traballando nas diferentes etapas formativas e de crecemento dos nosos xogadores polo que faremos un esforzó no noso segundo equipo o Cfnoia-Cruido para poder xerar un espacio onde seguir medrando logo de finalizar a súa etapa Xuvénil. Queremos traballar na incorporacion de nenas a nosa Escolá para poder afianzar o noso equipo Senior femenino con rapazas da nosa bisbarra que queiran disfrutar xogando a este deporte que no caso do Fútbol Femenino está medrando cada ano mais.

Traballamos para que todos os nenos e nenas que queiran xogar a este deporte poidan facelo dende a seguridade de tener os millores adestradores para cada unha das fases de formación e xerando os espacios onde cada deportista poida sentirse cómodo e participe do equipo.

Para máis información póñase en contacto co coordinador deportivo no teléfono 697 758 081, por correo electrónico no cfnoia@yahoo.es ou nas instalacións deportivas de San Lázaro no Julio Mato "Matito".

ESCOLA DE FÚTBOL DO C.F. NOIA Categorías:

 BIBERON nado no 2017- 2016

 PREBENXAMIN nado no 2015-2014

 BENXAMIN nado no 2013-2012

 ALEVIN nado no 2011-2010

 INFANTILES nado no 2009-2008

 CADETE nado no 2007-2006

 XUVENIL nado no 2005-2004-2003

#PASIÑOAPASIÑO

#escoladefutbolcfnoia2122

#queremosseguirmedrando


Comparte en: