OK

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que usted tenga la mejor experiencia usuario. Si continúa navegando, está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y nuestra Política de cookies

Cabecera C.F. Noia

CF Noia 2-2 Boimorto CF


O #CFNoia1819 non foi capaz de quitar os tres puntos nun partido que foi de menos a máis. O enfrontamento comezou cun gol de Quintairos no minuto 22 tras recibir un córner, que adiantaba ao Noia no marcador. Pouco despois, Óscar Carro adiantábase nun balón de Pajarillo para firmar o empate no minuto 34. Nos últimos compases da primeira metade, Luís Miguel aproveitaba outro erro defensivo para adiantar ao Boimorto no marcador.

Tras o paso por vestiarios a tónica cambiou e o Noia comezou a xerar máis ocasións na área rival. Non obstante, non foi ata o minuto 87 cando Tachi, tras un centro de Rivas, remataba de cabeza e poñía o empate final no marcador.

Con este resultado, o CF Noia atópase terceiro na clasificación con 13 puntos. A próxima xornada visitaremos ao Xallas CF en A Fontenla.

 

Ficha técnica:

CF Noia: Pajarillo, Dani Conde, Angelo, Tachi, Rendo, Rivas, Bendaña, Jon, Tato, Quintairo, Stefan. Tamén xogaron Hugo, Nando, Ander y Rubén.

Boimorto CF: Manuel Cortes, Khaled Raad, Luís, Joseba Gómez, Oliver Fernández, Sergio Monterroso, Jorge García, Sergio López, Óscar Carro, Miguel Casal, Luis Miguel. Tamén xogaron Adrián Pose y Andrés Pardo.

Goles: 1-0 Quintairos, min.22; 1-1 Óscar Carro, min.34; 1-2 Luís Miguel, min.45; 2-2 Tachi, min.87

Árbitro: César Montes Villamil, asistido en bandas por Abel Otero Rodríguez e Hamza Aboufaris. Amosou cartón amarelo a Rubén e Quintairos do Noia; a Óscar, Luís e Jorge do Boimorto.

Incidencias: partido correspondente á Xornada 5 de Preferente Norte, disputada no Estadio Municipal de San Lázaro - Julio Mato - Matito


Comparte en:
  • google+