Moraña C.F.
<%=ClubInfo.Nombre %>

O MORAÑA C.F. VOLVE GAÑAR NUN PARTIDO MOI DISPUTADO

O Moraña C.F. fixo valer a súa fortaleza no Buelo para impoñerse por 2-1 ao C.D. Bamio na terceira xornada da Terceira Futgal. Un encontro intenso e moi traballado polos de Nacho Romar, que saíron decididos desde o primeiro minuto e souberon competir ata o final.

Os vermellos tiveron unha oportunidade inmellorable para adiantarse moi cedo. Rodrigo Cor dispuxo dun penalti, pero o porteiro do C.D. Bamio acertou na súa intervención e evitou o primeiro tanto do encontro. O Moraña non acusou o golpe e continuou buscando con insistencia a portería rival.

O premio chegaría pouco despois. No minuto 18, Javi Oubiña aproveitou a ocasión para abrir o marcador e asinar o 1-0, resultado co que se chegou ao descanso.

 

Imagen

Tras o paso polos vestiarios, o encontro mantívose aberto e disputado. No 65', Mario García nunha contra en transicción e conseguiu igualar o marcador para o C.D. Bamio, poñendo o 1-1 e obrigando aos nosos a volver buscar o gol da vitoria.

E a resposta do Moraña tuveo que esperar ata o minuto 73', Anxo Domínguez, tras un saque de esquina, rematou maxistralmente o centro para mandar o balón ao fondo da rede e facer o 2-1, un gol que acabaría sendo definitivo.

Imagen

 

Os últimos minutos obrigaron ao Moraña a poñerse o mono de traballo. O conxunto visitante buscou o empate, pero os nosos souberon pechar filas, competir e defender con carácter unha vantaxe que xa non se movería.

Asubío final, 2-1 e tres puntos que quedan no Buelo. Unha vitoria de traballo, carácter e equipo diante da nosa xente.

📋 ALIÑACIÓNS

MORAÑA C.F.: Diego Puga; Anxo Domínguez, Mario Fortes, Rubén Candal (c), Raúl Mirás, Rodrigo Cor, Damián Pereira, Pablo Fernández, Daniel Fontán, Javi Oubiña e Dominic García.
Tamén participaron: Alejandro Pertusa, Roberto Maquieira, David Pereira e André García.
Adestrador: Nacho Romar. 

C.D. BAMIO: Daniel Tarrío; Sergio Díaz, Richard Vázquez, Pablo Maneiro (c), Santiago Ferro, Raúl Iglesias, Alejandro Barcala, Ángel Gabriel Bungeteano, Luis Ángel Castro, Mario García e David Bóveda.
Tamén participaron: Manuel Brea, Isaac Antonio Caldas, Juan Pablo Achique e Antón Garrido.
Adestrador: Ricardo Vázquez Señoráns. 

⚽ Goles: Javi Oubiña (18') e Anxo Domínguez (65') / Mario García (73').

 

Imagen

 

 

Imagen