<%=Club.Nombre %>

ABERTO PRAZO DE PREINSCRICIÓN NA ESCOLA DE FÚTBOL DO CLUB DE FÚTBOL NOIA 2022/23


ABERTO PRAZO DE PREINSCRICIÓN FÚTBOL BASE DO CF Noia TEMPADA 22/23

Aberto prazo de inscrición na Escolá de Fútbol do @cfnoia, podes descargar a folla de inscrición na nosa web, www.cfnoia.es.

Seguiremos priorizando a formación e apredizaxe nas categorías iniciais de Fútbol 8 para tentar medrar nas categorías de Fútbol 11, polo que traballeremos na formación e captación de rapaces que queiran medrar como xogador e poder pelexar por entrar na dinámica do primeiro equipo, principal obxectivo da Escolá e do Club.

Seguiremos traballando nas diferentes etapas formativas e de crecemento dos nosos xogadores polo que faremos un esforzó no noso segundo equipo o Cfnoia-Cruido para poder xerar un espacio onde seguir medrando logo de finalizar a súa etapa Xuvénil.

Queremos traballar na incorporacion de nenas a nosa Escolá para poder afianzar o noso equipo Senior femenino con rapazas da nosa bisbarra que queiran disfrutar xogando a este deporte que no caso do Fútbol Femenino está medrando cada ano mais.

Traballamos para que todos os nenos e nenas que queiran xogar a este deporte poidan facelo dende a seguridade de ter os millores adestradores para cada unha das fases de formación e xerando os espacios onde cada deportista poida sentirse cómodo e participe do equipo.

Para máis información póñase en contacto co coordinador deportivo no teléfono 697 758 081, por correo electrónico no cfnoia@yahoo.es ou nas instalacións deportivas de San Lázaro no Julio Mato "Matito".

ESCOLA DE FÚTBOL DO C.F. NOIA Categorías:

 BIBERON nado no 2017- 2018

 PREBENXAMIN nado no 2015-2016

 BENXAMIN nado no 2013-2014

 ALEVIN nado no 2011-2012

 INFANTILES nado no 2009-2010

 CADETE nado no 2007-2008

 XUVENIL nado no 2004-2005-2006

Próximamente presentaremos a estructura organizativa da Escolá, e iremos presentando adestradores e calendario de inicio de cada categoría.

FOLLA DE INSCRICIÓN FUTBOL BASE TEMP 22/23



#PASIÑOAPASIÑO
#escolodefutbolcfnoia


Comparte en: