Moraña C.F.
<%=ClubInfo.Nombre %>

O MORAÑA ARRINCA A LIGA SUMANDO EN VILANOVA (2-2)

O Moraña C.F. estreou a tempada 2026/27 na Terceira Futgal – Grupo 1 de Pontevedra cun empate (2-2) ante a E.F.B. Vilanova, nun encontro disputado este domingo no campo de O Terrón, en Vilanova de Arousa. 

Un Moraña que nunca baixou os brazos e que incluso puido levar os tres puntos dun campo que, de seguro, será un dos máis complicados da categoría esta tempada.

O encontro comezou con intensidade e foi o conxunto local quen conseguiu abrir o marcador no minuto 20 por medio de Edgar Domínguez.

Pero a reacción do Moraña foi inmediata. Apenas tres minutos despois, no 23', Rodrigo Cor apareceu para poñer o 1-1 e devolver a igualdade ao marcador.

O Vilanova conseguiu adiantarse de novo no minuto 31, nesta ocasión por medio de Iñaki Baulde, chegando ao descanso cun 2-1 favorable aos locais. 

Na segunda metade, os de Nacho Romar seguiron crendo. O Moraña buscou o empate, moveu o banco e mantívose dentro dun partido moi disputado ata os minutos finais.

E o premio chegou no 83'. Pertu asumiu a responsabilidade desde o punto de penalti e transformou o 2-2, rescatando un punto no primeiro compromiso ligueiro da tempada. 

Un empate que deixa unha boa mostra do carácter do equipo: dúas veces por detrás no marcador e dúas veces capaz de reaccionar. O Moraña abre así a nova tempada sumando a domicilio e competindo ata o final.

ALIÑACIÓNS

E.F.B. Vilanova: Gabriel Gándara, Brais Martínez, Bastian Campo, Iker Rebolo, Benito Fernández, Iñaki Baulde, Diego García, Edgar Domínguez, Pablo Jueguen, Iván Castro e Marcos Morgade.
Suplentes: Alexander Márquez, Benigno Santos, Manuel Portas, Joaquín Fasanando e Cristian Suárez.

Moraña C.F.: Diego Puga, Anxo, Mario Fortes, Candal, Mirás, David García, Rodrigo Cor, Damián Pereira, Fontán, Javier Oubiña e Pertu.
Suplentes: Anxo Souto, André García, Roberto Maquieira, Pereira e Dominic.

⚽ GOLES
20' Edgar Domínguez (1-0) · 23' Rodrigo Cor (1-1) · 31' Iñaki Baulde (2-1) · 83' Pertu, de penalti (2-2). 

 FINAL | E.F.B. VILANOVA 2–2 MORAÑA C.F.

Primeiro punto da tempada, conseguido fóra da casa e nun partido no que o equipo demostrou que vai competir ata o último minuto.

🔴🔵 Isto non fixo máis que comezar. Seguimos

 

 

 

Imagen