OK

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que usted tenga la mejor experiencia usuario. Si continúa navegando, está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y nuestra Política de cookies

<%=Club.Nombre %>

Campaña #VictoriaSolidaria


Desde o Victoria FC somos conscientes da realidade que están a vivir moitas familias pola reducción dos seus ingresos con motivo da situación actual de crisis sanitaria e económica debido ao confinamento.

Co propósito de seguir na nosa idea de axudar sempre desde a nosa posición e dentro das nosas posibilidades aos que o necesiten e así o soliciten, como xa no seu día o fixemos coa Asociación Española do síndrome Sturge Weber, coa Asociación de Dano Cerebral Compostela ou coa Asociación Duchenne a través de torneos solidarios, agora enfocaremos a nosa campaña #VictoriaSolidaria ao reclamo que desde Cáritas da Unidade Pastoral de Milladoiro, Teo e contorno nos acaban de facer pois están axudando a máis de 900 familias en risco de exclusión social con alimentos e productos sanitarios e de hixiene e as aportacións e donacións que están a recibir son insuficientes.

Por iso, o Victoria FC ademais de facer a súa aportación invítavos a que participedes coa cantidade que poidades, ben mediante un ingreso único ou aportación semanal no número de conta que aparece no cartel.

Moitas grazas de antemán a todos e moito ánimo nestes momentos tan difíciles.


Compartir en: