Esta fin de semana comeza a competición oficial para varias das categorías do Moraña C.F.
O sábado 26 de setembro, o equipo Infantil estrearase ante a A.C.D. A Seca “C”, mentres que os Veteranos recibirán ao C.D. Portas Veteranos. Pola súa parte, o encontro dos Xuvenís ante a S.D. Chispa, previsto para esta primeira xornada, queda aprazado.
O domingo 27 de setembro será a quenda do Sénior Masculino, que comezará a liga visitando á E.F.B. Vilanova, e dos Cadetes, que se estrearán ante o C.D. Mosteiro.
Comeza unha nova tempada chea de ilusión, traballo e fútbol. Moita sorte a todos os nosos equipos!
