OK

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que usted tenga la mejor experiencia usuario. Si continúa navegando, está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y nuestra Política de cookies

Cabecera C.F. Noia

Manu Roque (Coordinador CF Noia)


Juan M. Díaz Mayo, máis coñecido como Manu Roque, firma a súa segunda temporada como coordinador do fútbol base noiés. Tras o seu primeiro ano no clube, transmítenos a actualidade da escola deportiva e os obxectivos do proxecto. 

 

Un resumen deste primeiro ano no clube:

Comezamos co plan de adestramentos que tiñamos previsto na planificación previa en cada unha das categorías, realizada de forma eficiente polos adestradores. Temos unha garantía no grupo de adestradores para poder facer cousas ben. Asentáronse as bases do plan de adestramento individual que nos propuxemos cando collemos a coordinación, fíxose o seguimento de calidades de cada xogador que temos na base. 

A relación cos clubs próximos cada vez e mais cordial, de feito os proxectos dependerán en boa medida diso. Así mesmo a relación cos estamentos arbitrais, comité de adestradores, e todo relacionado co tema federativo é moi cordial.

Nos aspectos deportivos: o ascenso dos cadetes e a disputa da semifinal da Copa Deputación por estes mesmos, foron un alegría e unha satisfacción. As calidades do grupo e a gran labor dos técnicos foron claves. Que 7 integrantes do equipo xuvenil debutasen en 3 división e un logro importante para calquera club, algo inesquecible para eses xogadores. Este logro non sería posible sen a predisposición do adestrador do primeiro equipo, José Manuel Pose, e resaltar a acertada decisión que fixo a directiva contratando a un adestrador dese perfil, para que a base poda ter esa continuidade.

 

A escola deportiva do CF Noia a longo prazo:

Seguir camiñando na ruta que nos marcamos dende o principio e lograr que cheguen o maior numero posible de xogadores da base ao primeiro equipo e ao filial. Mellorar no aspecto formativo e dar un servizo o Concello de Noia no aspecto deportivo acorde do lugar.

 

Ascenso dos cadetes:

A maioría de cadetes pasan para xuvenís e serán de primeiro ano. O ideal seria que seguisen xuntos tendo dous equipos de xuvenís un de primeiro ano e outro cos que xa son de segundo e último ano (dependerá do numero de rapaces que teñamos) e todos eles poderán gozar do novo proxecto que temos para os xuvenís.

 

Unión xuvenís-sénior-filial:

Tentarase garantir a continuidade-mellora da formación, e o paso de categoría xuvenil a sénior. Os rapaces en idade xuvenil poderán alternar a competició e entreno entre o Lesende, CF Noia de Preferente e o equipo de xuvenil, para así ao rematar a idade xuvenil pasar de forma máis produtiva a sénior a unha das tres opcións que se lle facilitan.  Dependendo das capacidades-preferencias de cada xogador pasarán a formar parte dun dos tres equipos cos que temos o acordo: o CF Noia, o filial Lesende(sendo convocables os sub23), ou o Cruido, cubrindo así as necesidades formativas e o paso a categoría sénior.

 

Relacións do clube con Celta e Depor: 

Este ano varios dos nosos xogadores de base ano gozaron de adestramentos e probas nos dous equipos máis representativos de Galicia. Moi probablemente ampliaranse os equipos aos que acceden a adestramentos pero por agora isto e o que existe.

O CF Noia a día de hoxe ten a capacidade de se algún dos seus nenos ten proxección terá facilitado de forma directa e con garantías de facelo ben o acceso a calquera deles. Neste senso cremos que tampouco se debe perder a perspectiva e saber cos nenos están para divertirse e formarse tanto como persoas como xogadores, chegar ao mundo profesional é unha tarefa complicada e que depende de moitos factores.
 

 


Comparte en:
  • google+