<%=Club.Nombre %>

1º CLINIC FUTBOL FEMENINO CF NOIA - PORTO DO SON FC


Un novo proxecto arrinca o vindeiro verán expresamente pensado para as rapazas da nosa bisbarra. ¿Tes entre 6 e 16 anos? ¿Querés xogar o fútbol?

O Porto do Son C.F.e o CF Noia queren contar contigo nesta nova aventura. Queremos que nenas da nosa bisbarra que queiran probar unha nova experiencia deportiva, si che gusta o fútbol, pero nunca te atrevíches a probar, nos axudamosche a que probes a experiencia de practicar un deporte que nestes últimos anos esta abrindo de par en par as portas de moitas rapazas.

Anímate a probar e acompañanos neste novo proxecto. Queremos que as nenas dos nosos concellos e concellos veciños se animen a practicar o fútbol e poidan inscribir algún equipo íntegramente composto por rapazas nas ligas que a Federación Galega de Fútbol constitueu recentemente, Liga Promesas, Liga Galega Infantil e Liga Galega Cadete.

O próximos Venres 10 e 17 de Xuño organizamos unhas xornadas de portas abertas para todas aquelas nenas e rapazas que queiran probar este deporte, será a primeira de moitas iniciativas que ambas entidades promoveremos nas vindeiras datas para abrir as portas do Fútbol da nosa zona a todalas nenas e rapazas que nos queiran acompañar.

CONTACTA CON NOS NO TELEFONO 686215915

INSCRICION GRATUITA
Esperamosche!!!!


Comparte en: