VOLVE O FÚTBOL BASE AO MORAÑA C.F.!
Co inicio da tempada 2026/2027, esta semana comezan os adestramentos das diferentes categorías de fútbol base do Moraña C.F.
Chega o momento de volver ao campo, reencontrarnos cos compañeiros/as e comezar unha nova tempada chea de ilusión, aprendizaxe e fútbol.
Desde o club queremos dar a benvida a todos os nosos xogadores e xogadoras e, especialmente, ás novas incorporacións que este ano se suman á familia do Moraña.