
O fútbol galego contará desde esta semana cun protocolo para protexerse da COVID-19 que elaborou a Federación autonómica de Fútbol en colaboración coa Xunta de Galicia.
Ese documento, denominado ' FISICOVID-DXTGALEGO', establecerá, segundo apuntou a Secretaría Xeral para o Deporte, as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo coronavirus no ámbito do deporte federado de Galicia e permitirá a volta á actividade deportiva do fútbol galego de ámbito autonómico.
O documento completo podedes descargalo na sección de Descargas da web