<%=Club.Nombre %>

Partido vital para A Fervenza FSF ante o 5 Coruña FS


A Fervenza e 5 Coruña recuperan o partido adiado da décimoterceira xornada da Segunda RFEF.

Ambos conxuntos loitan por salvar a categoría con 9 e 8 puntos respectivamente. Partido vital para ambos que buscarán a victoria con creces.

O factor cancha pode ser determinante para o comarcal A Fervenza, xa que na casa sempre compite moi ben a todos os rivais. Con todas as xogadoras disponibles e tras competir moi ben a anterior xornada, as rosas de Nacho García afrontan este partido con moita motivación e sabendo o importante do mesmo.

O conxunto coruñés chega ao encontro adiado coa moral alta, tras vencer ao Universidade de Salamanca o pasado fin de semana.

O encontro disputaráse hoxe a partir das 21:00 no pavillón municipal de A Gándara e poderédes seguir todos os comentarios en DIRECTO do encontro a través da nosa conta de twitter.


Comparte en: