🌐 NOVA TEMPADA, NOVA WEB!
Con motivo do inicio da tempada 2026/2027, no Moraña C.F. queremos aproveitar a ocasión para presentarvos o novo deseño da páxina web oficial do club.
Un espazo renovado no que iremos compartindo noticias, actividades, información dos equipos e todas as novidades do día a día do Moraña C.F.
Ademais, coa nova tempada queda tamén aberta a CAMPAÑA DE SOCIOS/AS 2026/27. Xa podes darte de alta como socio/a directamente a través da nosa web e formar parte da familia do Moraña.
Nova tempada. Nova web. A mesma ilusión.