<%=Club.Nombre %>

A Fervenza FSF cae no derbi comarcal ante o Valdetires


A #SegundaRFEF daba o pistoletazo de saída a este 2022 cun novo derbi comarcal de fútbol sala feminino entre A Fervenza FSF Narón/Ferrol e o Valdetires Ferrol FS.

O primeiro partido deste novo ano non comezaría moi ben para as nosas guerreiras a pesar de loitar e dalo todo na pista durante os 40 minutos de xogo. O encontro comezaba moi disputado, con 4 minutos de posesións largas para ambo-los dous conxuntos.

Marcador igualadísimo ata que un gran disparo da porteira visitante Andrea abriría o marcador tras un gran disparo dende medio campo no que Clara nada puido facer. 

Cando mellor estaban xogando as rosas, con varias ocasións claras para empatar o encontro tras a expulsión de Erika, foi de novo Andrea, esta vez dende a súa propia portería pillando a Clara un chisquiño adiantada para poñer o segundo no marcador. 

O terceiro gol visitante chegaría tras un roubo de balón en primeira liña. As nosas puideron recortar distancias con un tiro de María a portería vacía que se foi por moi pouco. Antes do descanso, dous dobres penaltis para o Valdetires, un deles fora e outro parouno Clara.

Segunda metade calcada.

A segunda metade sería un calco da primeira,O conxunto rosa saía con Clau como porteira xogadora, pero un golazo de falta moi perigosa poñería o cuarto gol que sería un duro golpe para as xogadoras dirixidas por Nacho García.

A raíz de ese gol e con porteira xogadora, chegarían o resto dos goles. Desaxustes defensivos causados pola ansia en entrar no partido darían cancha a un Valdetires que non perdonou no derbi rematando o encontro con un 0-8.

 

A Fervenza FSF: Clara, Belén, Carmen, Claudia e María. Tamén xogadon María, Otero, Antía, Julia, Mery, Sami e Jenny.

Valdetires Ferrol: Iria, Sheila, Carol Senra, Carolina García e Diana. Tamén xogaron Susi, Erika, Lucía e Andrea.


Comparte en: