<%=Club.Nombre %>

2ª XORNADA FASE ASCENSO TERCEIRA RFEF CF NOIA - CLUB LEMOS


2ª XORNADA FASE ASCENSO CF NOIA – CLUB LEMOS

 

O vindeiro domingo celebrase no Estadio Municipal Julio Mato “ Matito” a segunda xornada da Fase de ascenso a Terceira División, achegámonos a unha nova final e neste caso toca diante dos nosos seareiros será o vindeiro Domingo 13 as 18:00. Xornada importantísima para afianzar as boas sensacións no arrinque desta Fase de Ascenso na que quedan pendentes tres xornadas moi difíciles e que calquera dos rivais que nos atopemos de seguro serian merecedores de acadar o ascenso pola súa entidade no fútbol galego así como pola súa traxectoria.

Esta xornada visítanos un dos equipos Históricos da nosa comunidade, o CLUB LEMOS, os Monfortinos non so son un histórico do fútbol galego senón un dos equipos mais antigos da nosa comunidade, o Club Lemos foi fundado do 1923 e o longo da súa traxectoria foi un clásico de Terceira División na cal disputou 51 tempadas, incluso chegando a xogar un play off de ascenso a SEGUNDA DIVISIÓN na tempada 55/56 e outra a SEGUNDA B na tempada 2001/02. Este ano clasificouse para esta fase de ascenso logo de rematar Segundo Clasificado no Subgrupo C por detrás dun dos favoritos o arrinque da competición a SD SARRIANA.

Como nos encontros disputados no JULIO MATO “MATITO” o longo da PRIMEIRA FASE o aforo e limitado para la situación ante a COVID 19, e por iso que seguimos habilitando a inscrición previa para o acceso as nosas instalacións. Nesta FASE DE ASCENSO, os socios accederan as instalacións para presenciar este encontro por medio dos seus carnet de socio para a tempada 20/21 tendo preferencia sempre no acceso as instalacións e a ocupación das gradas do MUNICIPAL. O resto de afeccionados e seareiros visitantes terán a súa disposición as bancadas non ocupadas polos nosos socios e as localidades habilitadas no Fondo Norte do MUNICIPAL.

Encontro clave na Fase de ascenso a Terceira División que disputaremos pasiño a pasiño pero deixando tódolos nosos esforzos na procura destes 3 puntos. Queremos, precisamos que sexa da vosa man, voso alento serán os nosos folgos ante esta nova xornada, o noso equipo precisa de cada un do voso apoio, por iso pedimos que veñades a animar o voso equipo e ser ese empuxón que os axuden a acadar este importantísimo obxectivo.

QUERES ASISTIR O PARTIDO? CUMPLIMENTA A INSCRICIÓN NO SEGUINTE ENLACE.

 

INSCRICIÓN 2ª XORNADA FASE DE ASCENSO

*Si asistes o encontro con algún acompáñente convivente , rogamos no lo indiques na mesma inscrición e poder ser o mais eficiente posible na disposición nas bancadas do JULIO MATO “MATITO”.

NON QUEDES NA CASA ACUDE O JULIO MATO “MATITO”

#PASIÑOAPASIÑO

#EUSONDOCFNOIAETI

#CFNOIA20/21


Comparte en: