<%=Club.Nombre %>

A Fervenza FSF compite con dignidade en terras Asturianas


O conxunto dirixido por Nacho García desplazábase a terras Asturianas para enfrontarse ao Rodiles FS na xornada 18 da segunda división.

A primeira metade de encontro sería unha constante de idas e voltas por parte de ambo-los dous conxuntos, sin chegar a ser capaces de batir ás porteiras que fixeron un gran papel durante a mesma.

Sería o minúto 26 da segunda metade cando se abriría o marcador no municipal de Villaviciosa por parte do conxunto local, nunha xogada illada que tras un rexeite a xogadora local Nuria batiría a meta de Clara con unha gran definición.

O segundo gol chegaría aos 30 segundos do primeiro, nunha xogada individual de Isa, na saída de balón, que con un tiro raso dende a frontal poría o segundo para o Rodiles FS.

ADN ROSA

A pesar de encaixar os dous goles en a penas 30 segundos, este equipo nunca baixa os brazos e tentou a portería local en varias ocasións. 

Carmen recortaría distancias tras un gran pase de Ra, que a deixaría sola ante a meta asturiana e cunha gran definición recortaría distancias no electrónico.

O terceiro e definitivo gol das asturianas chegaría noutra xogada individual de Isa.

#AsRosas ocupan a decimosegunda plaza con dous encontros menos.


Comparte en: