<%=Club.Nombre %>

ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN NA ESCOLA DE FÚTBOL DO CLUB DE FÚTBOL NOIA 2020/21


A Real Federación Galega de Fútbol abriu un prazo de inscrición para todos aqueles equipos que desexen comezar a súa participación na competición provincial e local logo do visto bo por parte do Comité Sanitario e a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, este prazo rematou este Luns día 8 de marzo.

O Club de Fútbol Noia rexistrou a inscrición de todolos seus equipos en todas as categorías onde se abriu este prazo.

As competicións comezaran a partir do próximo mes de abril, sempre en función da situación sanitaria, e das medidas fixadas polo comité sanitario da Xunta de Galicia.

Todos aqueles nenos e nenas que nadaron entre 2015 e 2002 que queiran formar parte da nosa familia teñen unha nova oportunidade para nos próximos días, abrimos un prazo para novas inscricións ata o comezo da competición ou cubrir todas as prazas dispoñibles. PODES PROBAR AS PRIMEIRAS DUAS SEMANAS DE FORMA GRATUITA.

 

ANIMATE A FACER DEPORTE, ANIMATE A XOGAR O FUTBOL

#PASIÑOAPASIÑO

#ESCOLADOCFNOIA

#SENTIDIÑO


Comparte en: