<%=Club.Nombre %>

PLAN COMPETICIONAL PREFERENTE GALICIA


A RFGF publica o calendario oficial da Preferente Galicia. A liga arrincará o 21 ou 28 de marzo en función do número de equipos que conforman cada subgrupo.

Xa é oficial. A Real Federación Galega de Fútbol vén de publicar os calendarios da Preferente Galicia (Grupos Norte e Sur cos seus correspondentes Subgrupos A, B e C), unha competición cun formato exprés con ascensos pero sen descensos de categoría.

Neste curso serán un total de 37 os equipos que competirán a partir da fin de semana do 21 ou 28 de marzo (en función do número de equipos que conforman cada Subgrupo).

Noso equipo esta encadrado no SUBGRUPO B, xunto ca SD O PINO, XALLAS, DUBRA, PUEBLA E O BOIRO. 

No que se refire ao Grupo Norte, os 19 equipos inscritos na Preferente Galicia quedan divididos en 2 grupos de 6 equipos e 1 grupo de 7 equipos, según o criterio xeográfico. Deste xeito os equipos verán reducidos considerablemente os seus gastos de desprazamento.

Dado que hai un grupo con 7 equipos e, polo tanto, con catro xornadas máis de competición, este dará comezo o 21 de marzo, mentres que os outros dous comezarán o 28 de marzo. Todo elo sempre que así o permita a situación sanitaria e a evolución da competición non se vexa perxudicada polas dificultades propias da pandemia. A competición rematará o 27 de xuño.

A tempada divídese en dúas fases. A primeira cunha liga regular en cada un dos subgrupos de todos contra todos a dúas voltas. Os dous primeiros clasificados de cada subgrupo conseguirán o pase para o Grupo do Ascenso. Os tres primeros de cada subgrupo arrastrarán 3 puntos e os segundos 1 punto cada un. Esta fase de ascenso só se xogará a unha volta (cada equipo disputará dous partidos como local e dous como visitante) e non se enfrontarán os equipos que procedan do mesmo subgrupo. Os dous primeiros acadarán o ascenso a Terceira División. 

No que se refire ao Grupo Sur, os 18 equipos inscritos quedan divididos en 3 grupos de 6 equipos cada un, según o criterio xeográfico. A competición dará comezo o 28 de marzo e rematará o 27 de xuño. Todo elo sempre que así o permita a situación sanitaria e a evolución da competición non se vexa perxudicada polas dificultades propias da pandemia.

A tempada divídese en dúas fases. A primeira cunha liga regular en cada un dos subgrupos de todos contra todos a dúas voltas. Os dous primeiros clasificados de cada subgrupo conseguirán o pase para o Grupo do Ascenso. Os tres primeros de cada subgrupo arrastrarán 3 puntos e os segundos 1 punto cada un. Esta fase de ascenso só se xogará a unha volta (cada equipo disputará dous partidos como local e dous como visitante) e non se enfrontarán os equipos que procedan do mesmo subgrupo. Os dous primeiros acadarán o ascenso a Terceira División.

Fase da Copa do Rei

Dado que a RFEF instaurou que un equipo de categoría autonómica debe disputar a fase previa da Copa do Rei, neste ano tan especial a RFGF considerou que sexan os terceiros clasificados de cada subgrupo na primeira fase os que se disputen esa praza.


Comparte en: