
A RFGF prorroga a suspensión de todas as competicións autonómicas, provinciais e locais ata que as autoridades autoricen a súa reanudación sen riscos
Fonte: RFGF
Logo da ampliación do Estado de Alarma decretado polo Goberno de España, a Xunta Directiva da RFGF aprobou este domingo 22 de marzo, en reunión mantida por videoconferencia, prorrogar a suspensión de todas as competicións de ámbito autonómico, provincial e local, tanto na modalidade principal de fútbol como en todas as súas especialidades (fútbol sala, fútbol gaélico…) ata que as autoridades competentes consideren que se poden reanudar sen risco algún para a saúde dos futbolistas, corpo técnico e empregados dos clubs e para o público asistente. Medida esta que se toma de acordo co comunicado emitido pola Real Federación Española de Fútbol.