<%=Club.Nombre %>

Joaquín Miguens (Previa Jornada 6)

                                          

Entrevista con el Mister- Joaquín Miguens  

- ¿Qué es lo que falló contra O Val?

Regalamos os primeiros 45 minutos, por unha serie de circunstancias. Plantexamos un partido para ter a posesión do balón ante un rival que esperabamos xogara moi repregado. A aliñación iba en consonancia a iso, pero topámonos con un equipo que, mentres tivo folgos, quixo disputarnos a posesión e ahí faltounos intensidade para roubar e moita claridade tras o roubo. Aínda así puxémonos diante no marcador, pero unha perda de balón en medio campo propiciou unha contra e o gol do empate. Foi como unha bofetada da que o equipo non se recuperou ata a segunda metade. Ahí melloramos bastante e pasamos a dominar o partido creando varias ocasións de gol moi claras, pero non tivemos fortuna. Unha nova perda de balón en medio campo, pillounos o equipo desorganizado defensivamente (somos un equipo que pola nosa forma de xogar corremos moitos riscos defensivos e necesitamos estar moi concentrados nese aspecto) propiciou outra contra e o segundo gol deles. Logo defendéronse con todo o equipo metido atrás e aínda que chegamos, non tivemos acerto no remate.

 

 - ¿Es esta liga la más competitiva de los últimos años?:

Non podo afirmalo porque non a vivín os últimos anos, pero todo parece indicar que esta vai ser una liga moi disputada e igualada. Hay equipos de moito renome competindo e despois de 5 partidos só queda o Estudiantil como único invicto, o que da unha idea do complicado que é gañar cada domingo. De momentos non se ven cenicientas nin goleadas. Os resultados son moi axustados, hai moita competitividade e moi bo nivel en moitos equipos. Liga moi interesante e partidos a cara de can cada domingo.

 

-¿Se notó en falta la ausencia de algún jugador?:

No noso equipo hai xogadores importantes, pero non hai imprescindibles. Non podemos pensar que perdemos polas baixas. A nosa forza ten que estar no bloque e non nas individualidades. Todos, cada un con características diferentes, están capacitados para competir na categoría.

 

-Da la sensación que este año no estamos teniendo la misma suerte de cara al gol, ¿mala suerte o salto de división?:

O ano pasado parecía que estabamos casados co gol. Creabamos moitas ocasións e convertiamos moitas. Este ano, de momento non estamos tendo acerto no remate, pero o equipo sigue creando moitas ocasións, que é o importante. O gol chegará, preocupante sería non crear ocasións. Seguiremos traballando ese aspecto.

 

-¿Qué esperas del rival del domingo, el Viveiro?

O Viveiro é un histórico que o ano pasado estivo loitando ata as últimas xornadas por meterse na promoción. Cambiou de adestrador e bastantes xogadores, pero seguro que pelexará por estar na zona alta da clasificación. Pablo Iglesias, coñece ben o equipo porque era o adestrador do equipo xuvenil e ten una filosofía de xogo combinativo que creo que vai ser o que veñan a facer a S. Lázaro. Esperamos un equipo que non vai a encerrarse e sí a plantexar un partido aberto e atractivo para o espectador. Loitaremos a morte polos tres puntos e darlle unha alegría os nosos aficionados con un bo partido.

 


Comparte en:

  • X (Twitter)

Otras entrevistas

  • ENTREVISTA A NOSO ADESTRADOR IVAN CARRIL ENTREVISTA A NOSO ADESTRADOR IVAN CARRIL

    Entrevista a noso adestrador Ivan Carril na Cope Santiago , podes escoitalo apartir do minuto 21. https://www.cope.es/emisoras/galicia/a-coruna-provincia/santiago/audios/deportes-cope-santiago-10-03-2021-1530-1600-horas-20210310_1389945