OK

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que usted tenga la mejor experiencia usuario. Si continúa navegando, está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y nuestra Política de cookies

<%=Club.Nombre %>

“Reiniciar”: o voto do Victoria FC en 1ª Nacional


Fonte: El Correo Gallego

Abríronse as portas, máis ou menos, pero non se acabou o estado de incerteza. Son infinitas as dúbidas que arrasan ao mundo do deporte pois mentres os grandes do fútbol parecen ter claro e poñen todos os medios para concluír a tempada no campo, os outros, os máis modestos, esperan o OK de quen corresponda -porque iso tampouco estivo moi claro- para coñecer o seu futuro.

No caso do Victoria FC, o primeiro equipo feminino de Santiago en canto a categoría, a resolución espérase para hoxe. Atrás queda case dous meses de reunións telemáticas, de darlle voltas á cabeza, de enfrontamentos entre clubs (que tamén os houbo polo dereito e ata a responsabilidade de cada un de defender os seus intereses) e sobre todo de horas de dedicación sen respostas claras. A 1.ª Nacional é unha Liga complicada, como terceira máxima división española depende da RFEF e no aire está un ascenso ou uns descensos que poden variar e moito a sorte dos clubs a nivel deportivo e orzamentario.

No caso do conxunto compostelán, terceiro no momento no que se parou a competición aínda que en liña ascendente, o seu adestrador (responsable tamén da sección feminina do club) defende a continuación da liga “cando se poida”. “Hai tempo. Primeiro deberiamos pechar esta tempada, reiniciala cando sexa, porque non se sabe que vai pasar co coronavirus mañá nin pasado, e despois a campaña seguinte que se arranxe co formato a unha soa volta ou con outro sistema”, reflexiona Chivi García.

Con todo, cre o adestrador santiagués que desde a Federación a decisión será outra: ascender ao primeiro clasificado, o CD Monte cántabro (que curiosamente accedeu ao posto favorecido polo triunfo do Victoria FC #ante o ata ese momento líder Viaxes Interrías) e sen descensos. Pero Chivi García insiste na súa idea de que se reinicie a liga “aínda que sexa en xaneiro pero en igualdade de condicións” e concluír as sete xornadas que faltan. A RFEF ten agora a última palabra. C.GUILLÉN