OK

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que usted tenga la mejor experiencia usuario. Si continúa navegando, está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y nuestra Política de cookies

<%=Club.Nombre %>

Rafael Louzán: «Van chover reclamacións, pero é a solución menos mala»


«A próxima tempada tamén vai estar tocada. Cando a imos a empezar? Outubro? Novembro?», avisa o presidente da Real Federación Galega de Fútbol

Fonte: La Voz de Galicia

Leva tres días colgado do teléfono e do computador, con continuas videoconferencias con clubs e institucións. Pero Rafael Louzán saca uns minutos para atender á Voz e contar o que se está movendo agora mesmo na sala de máquinas do fútbol.

-No fútbol español teñen claro que as ligas non profesionais non se poden terminar.

-O que falamos na reunión coa federación española é que esta situación non se pode alongar máis no tempo. Levamos mes e medio sen xogar, imos estar tamén o que queda de abril e maio, e isto non se pode aguantar máis no tempo. A nivel económico hai xa unha situación complicada nos clubs, logo está o tema da situación contractual dos adestradores e xogadores.... Problemas que fomos trasladando e que nos levaron a adoptar a idea de dar por finalizadas as competicións. Eu non son dos que se poñen de perfil, pero precipitarse tampouco é bo. Así que aínda hai moitas cousas que determinar antes de poñerlle unha palabra ao que vai suceder. Son os servizos xurídicos os que agora mesmo están a ver como articular esa idea que falamos na reunión. 

-E esa idea é que haxa ascensos, pero non descensos.

-Estamos a vivir algo excepcional, que require medidas excepcionais. E a que se pode adoptar nestes momentos é esa, que é a menos lesiva para os intereses xerais de todos os clubs. Esta tempada está tocada, pero a seguinte tamén o vai a estar. Non sabemos aínda cando imos poder empezar. Se en setembro, en outubro.... Os clubs pídennos que queren xogar con público.

-Pero isto vai conlevar unha Segunda  B con 98 equipos ou unha Terceira galega con 24. 

-Se finalmente adóptase esta decisión que está encima da mesa, imos engordar as categorías do fútbol español e tamén as do fútbol galego. Temos que aproveitar este tempo para estudar, analizar e reestruturar todas as categorías. Non sei o resto, pero nós, Galicia, polo menos ímolo a estudar. Crearemos unha comisión de traballo cos clubs para ver esa reconversión a dúas ou tres anos, que eu creo que é necesaria.  Rubiales propoñía un descenso de equipos en Segunda  B, porque ademais non cre viable manter o sistema actual de axudas. Hai categorías que, tal e como están estruturadas, son deficitarias agora mesmo, pero que non se lles fixo nada porque iso molesta aos clubs. Descender molesta. Así que se está expondo esa redución a dúas ou tres anos aproveitando esta conxuntura. Pero oficial non hai nada, porque toda decisión que se tome debe ter un soporte xurídico porque van chover reclamacións. E, aínda así, posiblemente ninguén nos vai a librar de que as haxa.

-Asúmeno.

-Si. Pero eu creo que esta solución é a menos mala, no caso de que leve a cabo. Cando se van a facer esas fases de ascenso? En xuño? Difícil. En xullo? Posible. En agosto? En setembro? Primeiro terá que terminar o fútbol profesional.

-Que vai pasar entón con Segunda  B e Terceira?

-Se se poden celebrar os  play  offs, repito, se se poden celebrar, o que se falou é que ascenda un equipo por comunidade a Segunda  B. En Galicia xogarían os catro primeiros ese hipotético ascenso. E o que se tentaría é levar a reconversión da Segunda  B á inversa, no canto de reducindo equipos, engordándoos. Seis grupos xa a próxima tempada, dos que igual un ou dous serían de elite. E a nosa Terceira quedaría con 24 equipos, se sobe un a Segunda  B e o Estudantil inscríbese. Pero esa situación a min non me preocupa, porque como a próxima tempada vai estar condicionada pola data de inicio, igual outubro ou igual novembro, e que non haxa outro rebrote e que haxa que parar... Imos facer 46 xornadas? Non. Temos que facer unha liga económica para os clubs que axude a reducir gastos e por tanto se cadra hai que facer dous grupos e xogar 20 ou 25 partidos nada máis. Pero bo, todo isto hai que velo ben.