OK

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que usted tenga la mejor experiencia usuario. Si continúa navegando, está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y nuestra Política de cookies

<%=Club.Nombre %>

Chivi García: mellor adestrador 2019 nos Premios Santiago Deporte


Fonte: El Correo Gallego

Aínda quedan materias pendentes. A menos de sete meses de que se ­inauguren os Xogos de Tokio segue orfo o  palmarés compostelán dun pasaporte olímpico e a falta de infraestruturas, de pavillóns ou piscinas, así como de patrocinios, complican o día a día de quen desexa acompañar a súa rutina con horas de deporte tanto a nivel de afeccionado como no ámbito profesional.

Con todo, repasando a nómina de candidatos, de aspirantes, e o currículo dos premiados, sería inxusto dicir que o deporte de Santiago non goza de boa saúde. Por iso actos como o de onte no Auditorio de Galicia enchen de orgullo aos veciños da cidade e serven como empuxe e como chamada de atención para realmente apreciar o esforzo de todos os implicados en que sigan sucedéndose os éxitos e as alegrías.

Foi 2019 un ano intenso en actividade e en conquistas -oxalá 2020 o sexa moito máis- e coa dificultade sempre de elixir entre tanto e tan bo, a Gala do Deporte de Santiago repartiu os seus galardóns con Pepe Pozas e Ruth Lorenzo como merecedores do premio aos mellores deportistas. Xunto a eles, aplauso unánime do numeroso público tamén a  Martina Flores e Igor Arce (mellores da base), a  Cristy  Shedimar Tojo, ao adestrador Javier García  Rouco  Chivi, ao árbitro Jacobo Rial, ao Club  Ximnasia Rítmica Viravolta, ao Arcade  Inforhouse Consultores S.L. polo seu labor de patrocinio, ao Centro  Xuvenil Don Bosco, ao  Colexio La Salle e por encima de todo, a homenaxe a Pedro Nimo do Ouro pola súa excelsa traxectoria e a José Luis Fidalgo Veloso a título póstumo.

A cuarta edición desta gala tivo a Lorena Pouse e a Federico Pérez como presentadores amenizando o acto con pequenos monólogos que contaxiaron os sorrisos entre os asistentes mentres que a entrega dos diferentes premios correu a cargo de representantes do Comité Avaliador nunha sala Mozart do Auditorio abarrotada pola presenza de autoridades, membros de Federacións Deportivas  Galegas, os premiados, os finalistas, así como os seus invitados e as entidades deportivas da cidade. Foi o alcalde Xosé Sánchez Bugallo o encargado de pechar o acto nunha intervención na que sinalou que facer deporte a nivel profesional implica un método de vida baseado na esixencia, no esforzo e no talento. "E esa  esixencia a  nós  mesmos, ese  esforzo diario,  axúdanos a  acadar  as metas que  imos marcando  na  nosa vida, e a afrontar vos desafíos diarios, tanto colectivos como  individuais", engadiu.

CHIVI GARCÍA: MELLOR ADESTRADOR

"teño un equipazo dentro e fóra do campo"

Javier García Rouco ' Chivi' foi nomeado Mellor Adestrador Galego de fútbol Feminino de Galicia nos dous últimos anos, pero segue incómodo #ante os recoñecementos. Dirixe ao Victoria FC, primeiro equipo feminino da cidade en canto a categoría (1.ª Nacional) e sucede a insignes como Yago Iglesias ou Moncho Fernández. "É unha satisfacción persoal moi grande, ademais de ser unha honra pola lista de adestradores de primeiro nivel que a gañaron antes", desvela. "O labor do adestrador require dun traballo conxunto. Grazas ao meu corpo técnico e sobre todo a quen che fai ser bo ou malo, as xogadoras. Teño un equipazo dentro e fóra do campo", di.