OK

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que usted tenga la mejor experiencia usuario. Si continúa navegando, está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y nuestra Política de cookies

<%=Club.Nombre %>

Protagonismo do Victoria FC hoxe na VII Gala do Fútbol Feminino Galego


Fonte: El Correo Gallego

A Leira O  Cenador, en Cambre, acollerá esta noite, desde as 21.00 horas, a celebración da VII Gala do Fútbol Feminino Gallego, con protagonismo para o Victoria  FC e o fútbol compostelán. Por parte do Victoria FC serán premiadas Carmen Sumay, como mellor gardameta dentro do once ideal, ademais de estar nomeada como finalista na categoría da mellor xogadora de Segunda e como mellor promesa e o seu adestrador, Chivi García, co galardón de mellor técnico, á vez que a súa pupila Ánxela é finalista ao mellor gol. Este evento, organizado polo  Concello de Cambre e a Revista  do Fútbol  Feminino  Galego, repartirá un total de 27 galardóns con relación á campaña 2018/19. Por terceiro ano repetirán premio Mari Paz Vilas como mellor xogadora galega, o Deportivo Abanca como o mellor club, e  Zulema González na categoría de mellor árbitra. Haberá unha mención histórica para Lis Franco.  Melanie García (Boiro) será recoñecida como a mellor goleadora de Segunda Galega, e a SD Bandeira como o equipo máis deportivo.