OK

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que usted tenga la mejor experiencia usuario. Si continúa navegando, está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y nuestra Política de cookies

<%=Club.Nombre %>

Histórico de Presidentes

Foron moitos os presidentes que defenderon e loitaron porque este club seguira adiante, e son eles os que representan as distintas etapas e vicisitudes que lles tocou vivir, pero tamén é certo que unha persoa soa non sería quen de conquerir isto sen o extraordinario apoio daquelas outras que integraron as distintas directivas, polo que eles tamén deberán sentirse reflectidos como partícipes activos na consecución do obxectivo de traer ao Victoria FC ata o porto dos 75 anos de vida, nas distintas entrevistas que os presidentes concederon á comisión organizadora do aniversario.

A maioría dos presidentes tiveron os seus primeiros contactos co club na súa condición de xogadores, como paso previo a ocupar un posto na directiva ou na presidencia do club, polo que se pode dicir que o cariño polo club nace nos anos mozos, e que a día de hoxe sigue moi vivo.

Tan vivo segue, que nas entrevistas, os medios sorrisos, as anécdotas, as preocupacións pasadas, formaron parte mesma do contido que se traslada a esta publicación, polo que, dificilmente, un non pode deixar de agradecer todos eses xesto de afecto e de expresión dun sentimento moi fondo, de moitos anos, cara o Victoria FC. Para todos os entrevistados, o club lles deu a oportunidade de entaboar amizade con moitas persoas e que estas aínda se paren pola rúa para preguntar polo club ou para lembrar as anécdotas que pasaron, xa fora como xogadores, adestradores, directivos ou pais. No seu rostro reflíctese a satisfacción polo deber cumprido na defensa do club do seu barrio, un pouco como a satisfacción que sente un profesor xubilado cando ve un antigo alumno que triúnfa na vida, pois en definitiva, o que esta xente, como presidentes e directivos, souberon facer e lograron sacar adiante un proxecto deportivo, educativo e social como é o Victoria FC, que permitiu que, xeración tras xeración, os nenos e nenas que pasaron e pasan polos seus equipos se formen como persoas forxando lazos de amizade que non esqueceran, como así o testemuñan os presidentes que tivo e ten este club.

O primeiros presidentes: Eduardo Vilariño e José Miguen , alias “O Canteiro”

Presidentes dos anos 50: Jose García Blanco, Valiño Segade e Manuel Beiroa Vázquez

Presidentes dos anos 60: Eloy Otero, Antonio Marcoa, Miguel Aguila Soto, Daniel Touriño López, Jesús Balado Losada, Fernando Garcia Blanco e Ramón Feas Varela

Presidentes dos anos 70: Santiago Ferreiro, Jesús García Rodríguez, Jesús Caeiro, Rodolfo Porto Crespo e Luís Otero.

Presidentes dos anos 80: Juán López Vieiro, Andrés Domínguez, Juán de la Torre

Presidentes dos anos 90: José López Botana, Jesus Morlán e José Luís Miguez

Presidente do século XXI: Diego Chenel, Salvador Figueiras e Antonio Martínez


Compartir en: