OK

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que usted tenga la mejor experiencia usuario. Si continúa navegando, está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y nuestra Política de cookies

<%=Club.Nombre %>

Historia do Club

O Victoria Fútbol Club de San Lázaro comeza a súa andaina en 1937 ano da súa fundación, celebrando así o seu 75 aniversario no ano 2012. Os precedentes da creación do club remóntanse a 1932, ano no que nace o Numancia FC e que se transmuta no Victoria FC en 1934, empuxado polos xóvenes do barrio. Pero é en 1937 cando se produce a fundación oficial do Club Victoria de Santiago, nomenclatura oficial que perdura todavía na actualidade.

O Victoria consigue o seu primeiro campionato na tempada 1947-48, grazas á victoria no partido contra o Imperio do Pombal, cun marcador final de 3 tantos a 2. Este título celebrouse cunha gran festa en todo o barrio. Na tempada 1953-54 o Victoria FC proclámase novamente campión.

O equipo vaise consolidando entre os clubes da cidade, alternando boas campañas con outras non tan boas. Na década dos sesenta, o Victoria FC se convirte nun dos clubes mais populares que visita as rías altas e baixas, nos veráns xogando moitos partidos cos equipos que empezaban. Ata o ano 1967, o Victoria FC, que tiña moi bos equipos, loitou nos postos de cabeza, así xogou 7 anos consecutivos a final da Copa, coa mala fortuna de conseguir este trofeo nunha soa ocasión. Logo de que o Racing de San Lorenzo deixara de ser o principal rival, apareceu un novo rival que durante moitos anos, pasou a ser un dos mellores equipos da nosa cidade, o Vista Alegre, polo que o Victoria FC sempre tivo enfronte un rival moi cualificado na loita polas distintas competicións.

Na tempada 1962-63, coincidindo coa fundación da SD Compostela, celebráronse as Vodas de Prata do Victoria, e con ese dobre motivo, xogouse un partido amigable entre ambos equipos, ao que asistiron as autoridades e o Presidente do Clube, o Dr. Sixto, que foi a persoa que entregou ao Victoria un balón cos cores da Sociedade Deportiva Compostela, como lembranza desde feito histórico.

Na tempada 1966-67 o clube entra nunha crise que está a piques de levalo á súa desaparición, e aínda que consigue salvar esta circunstancia no 1970, volve a sufrir unha crise aínda mais aguda que a anterior, que o clube supera co esforzo de moitos, saíndo fortalecido para afrontar novos retos. 

A partir da tempada 1971-72, faise cargo do clube, o Sr, Santiago Ferreiro, que estivo no cargo ata o ano 1976. Nesa quédase campión de modestos de segunda división, retornando así á categoría que estivera ata a tempada 1969-70. Nesta tempada, o Victoria FC perde a final de Copa contra o Vista Alegre pola mínima, co marcador final de 3 goles a 2. Na tempada 1973-74, o Victoria FC proclamouse campión de Copa e na 1974-75, na categoría de modestos.

Na tempada 1976-77 inicia unha etapa de asentamento moi importante, na que se dan os primeiros pasos para a participación do clube nas competicións de infantís, creando unha nova canteira, na que os nenos se iniciaban a unha idade mais temperá na práctica do fútbol.

Nos anos 80 son moitos os éxitos deportivos: nas tempadas 1980-81 e 1981-82 o Victoria FC proclámase campión de xuvenís co equipo adestrado por Pazo. Pero o aspecto máis salientable é o asentamento do clube en todas as categorías, participando con equipos de alevíns, infantís, xuvenís, modestos, alevíns de fútbol-sala e afeccionados, que chegaría a xogar a liga de ascenso á Liga Nacional de Xuvenís.

Se importante foi a data dos comezos en competición oficial e que marcou a andaina do Victoria FC no ano 1937, pódese dicir que no ano 1987 prodúcese a consolidación definitiva como clube e como proxecto, que se ve plasmada na celebración das vodas de ouro da entidade. Foi nesas datas cando o clube consegue trasladar as súas instalacións na Rúa do Valiño á súa ubicación actual no estadio de San Lázaro.

Na tempada 1988-89, o Victoria FC, na súa categoría de modestos, retoma o camiño do éxito ao logra impoñerse na categoría de modestos, tanto na fase regular, onde acabaría primeiro de grupo I empatado a puntos co Atlético Cruceiro, como na fase final, onde se xogaron encontros entre os equipos dos dous grupos, resultando gañador o Victoria FC.

Novamente, na tempada 1990-91, o equipo de modestos acada o primeiro posto na clasificación, impoñéndose por un punto ao Vista Alegre. Neste ano, en categorías inferiores participouse con desigual fortuna nas categorías de xuvenil, cadete, infantil e alevín. E nestes anos cando se incorpora a disciplina do clube como adestrador Antonio Martínez, actual presidente do Club.

Xa totalmente asentado o clube, despois de celebrar os vodas de ouro, os modestos eran un bo equipo e cando todo parecía indicar que as cousas xa marcharían polo bo camiño, como consecuencia dunha mala xestión, o clube estivo a piques de desaparecer polas débedas. Coma consecuencia desta situación, nas tempadas, 1991-92 e 1992-93, o mais salientable aconteceu na segunda tempada, na que o Victoria FC só puido competir na categoría de modestos, non dando continuidade ás categorías inferiores, perdendo o título ese ano ante o Conxo.

Na tempada 1993-94 o Victoria FC, que lograra competir sempre na categoría de modestos, reaparece con forza nas categorías de xuvenís, cadetes, infantís, con dous equipos, e en alevíns, sendo as seguintes tempadas de transición, nas que non aconteceu nada especialmente salientable no ámbito deportivo.

No ano 1993, Manuel Chenel organiza o fútbol-sala no Victoria FC, conseguindo que se compita en todas as categorías existentes e logrando o cambio dos adestramentos a unha pista cuberta, a do Instituto de Fontiñas. O salto nesta modalidade deportiva foi importantísimo, pois o Victoria FC inscribíu 12 equipos nas distintas categorías, obtendo o campionato na categoría de prebenxamín na tempada 1993-94.

No ano 1996-97, tanto na categoría de xuvenís como de cadetes formáronse dous equipos competitivos, que conseguiron a terceira e a segunda posición final. O equipo de xuvenís xogou a final da Copa de Santiago e perdeuna ante A Mercé por un axustado 1 a 0.

A tempada 1998-99 foi unha mala tempada para o equipo de modestos, pois remataría a competición como pechacancelas, situación que se veu contrarrestada pola magnifica tempada dos xuvenís que acadaron o segundo posto, por detrás do Conxo. No resto das categorías, cabe destacar a aparición por primeira vez do equipo de alevíns de fútbol-7, modalidade que se consolidaría co paso do tempo, así como a primeira inscrición dun equipo na categoría de benxamíns de fútbol-7.

Se por algo temos que destacar a tempada 1999-2000 foi pola consecución por vez primeira por parte das categorías inferiores dun título de liga. O equipo de infantís do Victoria FC, foi quen de conquerir ese primeiro título impoñéndose ao Villestro por un punto. Nesa tempada, tamén, o equipo de modestos logra un meritorio terceiro posto que lle permite ascender á 2ª rexional, categoría na que permaneceu dúas tempadas mais. Na tempada 2002-03, novamente se acadou o ascenso á 2º rexional ao rematar a competición en terceira posición.

Unha vez chegado a este tempo, é necesario facer unha pequena parada para deixar constancia dun feito e un fito na historia do clube, como foi a creación dun equipo feminino de fútbol-sala, circunstancia que, desgraciadamente, non se volveu a repetir. A súa orixe veu motivada pola presenza das irmáns dos nenos pequenos nos adestramentos de fútbol-sala. Era habitual neses tempos que as irmáns dos xogadores permaneceran no pavillón vendo aos nenos nos adestramentos e que esperaran ao remate destes para voltar a casa. Cando estaban presenciando os adestramentos, e dado que era un número suficiente, un dos adestradores do equipo, Jaime, conseguiu reunilas a todas e formar un equipo de fútbol-sala que competiu durante 5 anos na liga local desta modalidade deportiva, na Liga Feminina Sub-13 que se montou en Santiago, chegando a acadar un 3º posto.

De histórica pode cualificarse a consecución do título de campión de liga dos infantís, na tempada 2003-04. O equipo de modestos, acadou nesa tempada, a súa mellor clasificación na historia do clube, ao conquerir o subcampionato na 2ª categoría rexional. Na loita por acadar o campionato, o Victoria FC xogou dous partidos transcendentais, ante o Xuño e ante o C.D. Unión, que a postre sería o campión de liga.

Os anos seguintes poden considerarse de transición en todas as categorías, ata que no ano 2007-08 o equipo de benxamíns de fútbol-7 acada o subcampionato, nunha liga que remataría gañando o Conxo. Ao ano seguinte, nas categorías inferiores o Victoria FC inscribíu dous equipos na categoría de alevíns (un de xogadores de segundo ano e outro de xogadores de primeiro ano), loitando o primeiro deles polo título ata as últimas xornadas.

No tempada 2009-10 cando os alevíns lograron impoñerse na fase final do grupo 1ª, logrando o primeiro título de campión de fútbol-7 para o Victoria FC. A consecución dese campionato supuxo o acceso á fase de campión galego, no que o Victoria FC non tivo sorte ao cruzarse na primeira eliminatoria co R.C. Deportivo da Coruña, quen o eliminou.

Na tempada 2010-11 o equipo infantil conseguiu gañar a Copa de Santiago ao Amio Fc tras impoñerse nunha apretadísima final na rolda de penaltis, unha vez rematado o tempo regulamentario con empate a 2 goles. Ademais, nesa tempada, o clube, ante a proximidade do 75 aniversario ,e buscando unha maior implicación do barrio co clube, decide montar un equipo de veteranos formado por ex-xogadores do Victoria FC que estaban a xogar en distintos equipos de Santiago e comarca. A resposta foi sorprendente, pois no seu primeiro ano de existencia, conseguiuse montar un equipo con 29 fichas de xogadores.

Pero é a partires da tempada 2014-15 cando inicia a etapa dourada do club coa consecución de multitude de logros ano tras ano. Así, esa mesma tempada o equipo cadete dirixido por Santi Ferreiro acada o campionato de liga da 2ª Autonómica, acadando deste xeito o ascenso á 1ª Autonómica, e a Copa de Santiago tras derrotar na final ao Amio SD por 1-0.

A tempada 2015-16 iníciase cun feito histórico que segue a marcar unha época, a creación da sección feminina do club de mans de Chivi García, que inicia a súa aventura con un equipo sénior e outro infantil. Así, na súa primeira tempada conquire o campionato de liga da 2ª División Galega acadando o ascenso á 1ª División. O equipo infantil feminino convértese no primeiro da historia da comarca en competir contra os equipos masculinos.
Pero as demais seccións do club tamén nos deron moitas alegrías. O equipo xuvenil de Julen, tras o subcampionato de liga, acadou o ascenso á 1ª Autonómica tras derrotar na fase de ascenso ao Milladoiro SD por 4 goles a 0.
En fútbol 8 o equipo de Diego Castro acadaba o campionato de liga da 1ª Alevín por diante da SD Compostela, o Santiago e o CD Conxo. Este mesmo equipo tamén conquistaba a Liga alevín de fútbol sala.

Na tempada 2016-17 seguiron os éxitos para o noso club. En primeiro lugar, suliñar que por primeira vez na historia teríamos un equipo de categoría biberón que sorprendentemente acadaría o título de liga. Ademais, voltaríamos á competición na categoría aficionada cun equipo na 3ª Autonómica que quedaría na 4ª posición a dous puntos da fase de ascenso. O equipo xuvenil perdería a posibilidade de xogar a fase de ascenso á Liga Galega tras caer derrotado na casa por 2 a 4 contra o penúltimo clasificado, os nervos xogaron unha mala pasada. Quen sí xogaría a fase de ascenso á Liga Galega sería o cadete tras finalizar 3º no campionato de Liga, onde caería na 2ª rolda contra a SD Residencia de Lugo. Pero a maior alegría do fútbol 11 masculino a levamos co equipo infantil de Pablo Montero que acadaba o ascenso á 1ª Autonómica tras o segundo posto logrado no campionato de Liga. 
En fútbol sala, ademais do mencionado título dos biberóns, sumábanse o campionato de liga infantil e o campionato de copa dos alevíns.
A sección feminina voltaba a facer historia. Cun equipo sénior máis que a tempada anterior duplicaría os éxitos: o equipo A de Chivi García faría historia acadando o campionato de liga da 1ª División Galega e o correspondente ascenso á 1ª Nacional. A estos logros sumaríase o campionato de Copa da 1ª Galega tras derrotar na final ao Valladares de Vigo por 3 goles a 0. Pola súa parte, o equipo B de Samuel Zas conseguiría o ascenso á 1ª Galega despois do 2º posto obtido na 2ª División Galega. 

A tempada 2017-18, a pesar dos descensos da 1ª Autonómica dos cadetes e xuvenís, tamén trouxo éxitos para o club. En fútbol sala, os biberóns acadaban o campionato de Copa e o subcampionato de Liga e os alevíns o subcampionato de Copa. Ademais, en fútbol 8 os alevíns conseguían o 2º posto de liga o que lles dou acceso a xogar o campionato galego. Por outra parte, por primeira vez na historia o club disfrutaría da posibilidade de xogar dúas finais da Copa do Sar. Por un lado os infantís caían ante o Xuventude Oroso, pero na I edición da Copa do Sar Feminina, o Victoria FC conquería o trofeo tras derrotar o Xuventú Aguiño. Tamén hai que suliñar o título acadado pola base feminina na I Copa Gallaecia Alevín.

Pero si podemos destacar como histórica unha tempada no fútbol masculino do club, ésta é a tempada 2018-19 co ascenso por primeira vez no club dun equipo á Liga Galega. É o caso do equipo infantil de Pablo Montero que nun final agónico conqueriron o título de liga no desconto da última xornada e o ascenso tras remontar un 2 a 0 do partido de ida.
Pero foron moitos os éxitos acadados este ano polos equipos do club: os cadetes de Angel Glez Cibes gañaban a 2ª Autonómica e ascendían á 1ª Autonómica; o infantil D dirixido por Fernando Suárez tamén conquistaba o título da 2ª Autonómica e o ascenso á 1ª Autonómica; os biberóns gañaban o campionato de liga de fútbol 8; os alevíns xogaban o campionato galego e conquerían unha praza na 1ª División Comarcal e os prebenxamíns tamén xogaban o campionato galego.
En fútbol sala tamén enchían as nosas vitrinas con moitos títulos: os biberóns gañaban liga, copa e supercopa; os nosos equipos prebenxamíns conseguían o campionato e subcampionato de liga e os infantís acadaban os subcampionatos de liga, copa e supercopa.
No apartado feminino chegaban máis éxitos coa II Copa do Sar Feminina das sénior, o campionato da I edición da liga logal de Fútbol 8 feminina e a I edición da Liga Promesas.

Por outro lado cabe suliñar o premio recibido polo Concello de Santiago como Entidade más destacada do ano 2018.


Compartir en: