OK

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que usted tenga la mejor experiencia usuario. Si continúa navegando, está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y nuestra Política de cookies

<%=Club.Nombre %>

#seguimosmedrando

O Victoria FC, fundado en 1937, representa o traballo, a constancia e a educación deportiva como ferramenta básica na educación e desenrolo social de todas as persoas que conforman o club. 

O principal obxectivo deste club é formar xogadores e persoas, fomentar a práctica deportiva para que os xogadores e xogadoras que o conforman sigan mantendo a súa motivación polo deporte despois dos 18 anos e así alonxalos de outros hábitos pouco saudables. Así, ofrecemos máis actividades dentro do club como xogando con valores, no que a nosa psicóloga traballa cos grupos os valores do deporte; Dafis, proxecto integral de hábitos saudables...

Este é o segredo deste club para ser o máis antergo da capital de Galicia e polo que cada ano somos máis. Así, nos últimos anos o número de equipos e licenzas foi medrando como se pode apreciar nos seguintes cadros:

NÚMERO DE EQUIPOS

NÚMERO DE LICENZAS:

Esta visión de fomentar valores e hábitos de vida saudable non resta importancia á propia formación e competición deportiva que dentro dun club de fútbol é imprescindible. E como exemplo amosamos cadros da evolución deportiva dos equipos nestes últimos anos tanto na sección masculina como feminina:

FÚTBOL MASCULINO:

FÚTBOL FEMININO:

Como se pode apreciar, na tempada 2014-2015 todos os nosos equipos de fútbol 11 competían na 2ª Autonómica e na actualidade xa temos 1 equipo en Liga Galega, outro en 1ª Autonómica, ademais do alevín en 1ª Comarcal. O traballo desde a base empeza a dar os froitos que esperamos que medren nas vindeiras tempadas.

Pola súa parte o fútbol feminino do club, referencia a nivel galego, non deixou de medrar dende a súa creación en 2015. Na actualidade, a maiores dos equipos sénior do cadro, se engadiron un equipo alevín e outro infantil que compiten en Liga Galega e o sénior de fútbol 7.


Compartir en: