OK

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que usted tenga la mejor experiencia usuario. Si continúa navegando, está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y nuestra Política de cookies

<%=Club.Nombre %>

Saúdo do presidente

Antonio Martínez

Estimados visitantes:

En 1937 iniciamos a andaina dun equipo formado por un grupo de amigos do barrio de San Lázaro en Santiago de Compostela. Creo que ningún deles nin dos seguintes presidentes tiñan conciencia para pensar que aquilo ía ter un percorrido cheo de aventuras e grandes emocións. Un camiño que ía facer posible que dita aventura durase tanto tempo, e que o deporte, e máis en concreto o fútbol, fóra punto de encontro non só para atopar novas amizades, experimentas novas vivencias, fixarnos novos retos, senón tamén para formarnos como persoas…

Non cabe dúbida que este soño foi posible grazas ao apoio de Institucións Públicas, de Empresas Privadas e de moitas persoas, que confiaron neste proxecto deportivo e na estrutura que o está guiando. Todas elas axudáronnos a seguir crendo neste soño, feito realidade, para que sigamos sentíndoo como toda unha aventura de futuro.

Desde esta xanela, aproveitando a oportunidade que me brinda a tecnoloxía, quero agradecer e dar a benvida a todas aquelas persoas que se asoman a esta página ou que xa pertencen a este pequena pero “gran familia”. É a nosa intención aproveitar o mundo da internet para darche a coñecer todas as novidades, noticias, eventos e información que xenere o club, esperando calqueira suxerencia que nos permita mellorar este servizo que con tanta ilusión puxemos en marcha.

Espéroche nesta a túa casa, e mentres recibe un cordial saúdo.


Compartir en: