OK

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que usted tenga la mejor experiencia usuario. Si continúa navegando, está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y nuestra Política de cookies

<%=Club.Nombre %>

Máis que fútbol

Proxecto integral de hábitos de vida saudable

DAFIS (Datos sobre a Valoración da Condición Física Saudable) é unha ferramenta elaborada ao amparo do Plan Galicia Saudable promovido pola Xunta de Galicia e coordinado pola Secretaría Xeral para o Deporte, para facilitarlle aos profesionais do ámbito da actividade física e do deporte a valoración da condición física dos seus alumnos/as, deportistas e da cidadanía en xeral.


O Victoria FC é o primeiro club de fútbol de Galicia no que se implantou o proxecto DAFIS como ferramenta de seguimento da saúde mediante medicións (peso, altura...) e probas físicas (esforzo, forza...). Con estes datos aos que teñen acceso os pediatras e médicos de familia, poden avaliar a evolución dos nenos e nenas.

Ademais, poñemos a disposición dos pais un nutricionista para que lles asesore para que os seus fillos e fillas leven unha boa alimentación, que pola súa parte é básico para un bo estado físico.

 

Xogando con Valores

Xogando con valores é unha iniciativa do Victoria FC baseada en fomentar os valores educativos no deporte.

A campaña é unha iniciativa pioneira no fútbol de Compostela que pretende coidar ao máximo todos os elementos que interveñen nunha actividade deportiva onde a formación técnica e táctica estará sempre unida á humana e á persoal establecendo como unha das metas principais a promoción, aceptación e desenvolvemento de valores e hábitos positivos que lles axuden no seu presente e lles preparen sobre todo de cara ó futuro.

Esta tempada traballaranse a través de experiencias deseñadas os seguintes valores: o respeto, o traballo en equipo, a disciplina, a deportividade e a igualdade. O traballo será desenrolado pola psicóloga Ana Rendo, quen manterá unha reunión por cada valor cos pais e co corpo técnico e desenrolará taller cos nenos e nenas de 8 a 13 anos.

 

FutFEMinízate: Goleada de Valores

Abanderados do fútbol feminino na comarca de Santiago desde a atalaia da Segunda División Nacional, a responsabilidade do Victoria FC con este deporte, a súa difusión e normalización sempre busca ir máis aló.

Neste contexto enmárcase a posta en marcha, desde esta sección da entidade, dunha campaña para traballar os valores dentro do fútbol e para fomentar o fútbol feminino na comarca. Trátase de fomentar aspectos como o respecto, a igualdade, o traballo en equipo, o xogo limpo ou a solidariedade, entre outros. 


Compartir en: