<%=Club.Nombre %>

SAUDO DO PRESIDENTE

Estimad@ soci@:

En nome da Xunta Directiva da Sociedade Deportiva Club Órdenes, que teño a honra de presidir, queremos
dar a benvida a tod@s @s soci@s, navegantes e amig@s que visiten a nosa web.

A Sociedade Deportiva Club Órdenes, como sabedes, e pode ser o voso caso, permítenos aproveitar o
tempo de lecer dun xeito saudable, e para @s nos@s fill@s é un complemento da súa educación coa
práctica do deporte, aspecto fundamental para a formación equilibrada das persoas.

Non teño dúbidas do que supón a combinación de deporte, saúde, familia e educación.

O noso principal activo como club es ti. Fasnos mellorar cada día.

E dende aquí agradecervos a vosa fidelidade e compromiso nas diferentes actividades sociais que se
realizan ao longo do ano, así como as vosas suxestións para medrar día a día.

Para rematar, parécenos que hai cousas que se poden mellorar, mantendo as boas, que son moitas,
e eliminando as que non son do agrado d@s soci@s.

Pretendemos ser unha Xunta Directiva de tod@s e para tod@s @s soci@s; estamos dispostos a escoitar
e razoar con tod@s sobre calquera aspecto que poida mellorar o funcionamento do noso club.

Atentamente.

Antonio E. Vázquez Rendal
Presidente

Comparte en: