OK

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que usted tenga la mejor experiencia usuario. Si continúa navegando, está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y nuestra Política de cookies

Cabecera Club Balonman Lalin

Historia do Club


Case sete longas décadas leva en Lalín. Neses anos centos de mozos e mozas tiveron acceso á actividade física practicando este deporte e debido a todas esas persoas que loitaron ano tras ano, hoxe o Lalín é un referente no balonmán non só a nivel galego, senón tamén estatal.


 


   Este club tivo momentos malos, como na década dos noventa, debido a circunstancias económicas e o que aconteceu novas andainas, onde tiveron que centrar a maior parte dos seus esforzos e recursos en traballar formando rapaces e rapazas dende moi pequenos. É xusto aí onde aparece a Escola de Balonmán. Durante todos eses anos unha gran cantidade de nenos e nenas formaron parte dela, compartindo éxitos e tamén decepcións pero sempre asimilando os valores inculcados dende o Club: o compañeirismo, a amizade, o esforzo e o respecto.


 


   Tamén tivo moitos momentos bos e os segue tendo. Podemos apreciar algúns coma: ter un equipo en primeira estatal composto por xogadores da súa canteira que compite todos os anos polos mellores postos da categoría, e que contou e conta na selección galega e española con numerosos deportistas formados nesa Escola e de diferentes idades.


Compartir en:
  • google+