OK

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que usted tenga la mejor experiencia usuario. Si continúa navegando, está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y nuestra Política de cookies

Cabecera C.D. Boiro

Historia do Clube

En 1966 nacía na comarca do Barbanza o Clube Deportivo Boiro. Ainda que oficialmente na Federación Galega de Fútbol rexistrase o 10 de agosto de 1967. O boirense Manolo Barcala , é o primeiro Presidente e elixe a cor branca para a  indumentaria  (camiseta e pantalón ) .  Despois de todos o tramites federativos o C.D. BOIRO arranca na temporada 1967-1968  na denominada Liga do Sar por primeira vez na súa historia. O primeiro alineamento oficial do C.D.BOIRO  dirixido polo Presidente -  Adestrador Manolo Barcala foi o formado por: Segade, Chucho de Jaime, Manolo o Barbeiro, Diego, Teixeira, Romero, Mosquera, Caamaño, Genucho, Pajarillo, e Trasbach.  Estes xogadores tiñan que pagar 50 pesetas ( 0,30€ ) por partido para sufragar gastos.

Despois de varios anos en categorías Rexionales, o Boiro ascendeu á Terceira División na tempada 1980/1981, categoría que abandoaría nove tempadas despois . Durante un periodo de anos estuvo deambulando por Rexional Preferente e incluso Primeira Rexional.

Na tempada 2012-2013 o C.D.Boiro, conseguiu de novo o ascenso da Rexional Preferente á Terceira, e na campaña 2013-2014 despois de acadar o  terceiro posto na Liga regular, clasificase por primeira vez na súa historia para xogar os  Play Off de ascenso á Segunda División B. Na primeira eliminatoria queda apeado polo  Naxara Club Deportivo con resultado 0-1 e 2-1.

Ao ano seguinte ,na tempada 2015-2016 logra - no seu 50 aniversario - ser campión de liga en 3° División ( Grupo 1 ), e xoga de novo  a fase de ascenso a 2°B contra o Caudal de Mieres. Consigue ascender a 2°B por primeira vez na súa historia.  

Na temporada 2016-2017 o C.D.BOIRO estréase por primeira vez na 2°B rematando no posto 14 . Finalizada  a temporada e despois dun verán moi compulso o Club descende por falta de pago aos xogadores, voltando outra vez á 3°división. ( tempada 2017 - 2018 )

Despois de rematar os últimos 8 anos de presidencia D. David Plazes Fontaine, e ante o peor momento - económico e social - no que queda o club e despois de varias asambleas moi convulsas ao largo do mes de xuño , un grupo de personas encabezadas por Marcos Javier Yañez Fernández , " Changui " tomanas rendas do club co respaldo dun grupo importante de empresarios Boirenses.

" Changui " , na asamblea na que é elixido novo presidente , presenta ante un bo número de socios , un proxecto totalmente diferente ao que estaba implantado . Este proxecto, estará basado en potenciar o futbol base a través da Escola de Fútbol Municipal e con dar oportunidades no primeiro equipo, a xogadores da comarca. A nova Xunta Directiva, enfróntase a unha débeda asfisiante - cerca de 400.000 € - arrastrada da nefasta xestión economica da directiva sainte . Esta situación, sera a maior das dificultades polas que pasou o C.D.BOIRO dende a súa creación . Quedan anos de sufrimento económico e de voltar a poñer en valor aspectos olvidados nas últimas  tempadas.

  


Compartir en:
  • google+