Moraña C.F.
<%=ClubInfo.Nombre %>

🏥 PROTOCOLO EN CASO DE LESIÓN – XOGADE

Se un xogador/a sofre unha lesión durante a actividade deportiva, estes son os pasos a seguir:

1️⃣ COMUNICAR A LESIÓN
📞 Chamar ao 881 85 00 87 ou acceder á plataforma de Partes Xogade.
👉 É necesario ter a man o identificador que aparece no carné de Xogade.

2️⃣ AGARDAR A CHAMADA
📲 Nuns minutos recibirás unha chamada indicando o centro médico autorizado ao que debes acudir.

3️⃣ ACUDIR AO CENTRO MÉDICO
🏥 A asistencia debe realizarse no centro médico indicado pola mutua.

4️⃣ AUTORIZAR A XESTIÓN DE DATOS
📩 Os representantes legais recibirán un SMS cun enlace para autorizar a xestión dos datos.

5️⃣ ENVIAR OS INFORMES MÉDICOS
📄 Deben enviarse á aseguradora todos os informes médicos, incluído o informe de ALTA.

Pódense enviar por dúas vías:
📧 xogade@gerosalud.es
🌐 Plataforma de Partes Xogade

⚠️ MOI IMPORTANTE
O club ou entidade deportiva dispón de 7 días desde a lesión para **CERTIFICAR o accidente na aplicación de Xogade.

👉 Recoméndase comunicar a lesión ao club canto antes para poder realizar este trámite dentro do prazo.

Solicitamos a todos os ADESTRADORES E DELEGADOS estén informados sobre os xogadores lesionados en caso de que foren atendidos en outro dia diferente o entreno ou partido para así os xogares e xogadores teñan atención sanitaria deportiva cuberta polo Plan Xogade ata 16 anos.     PROTOCOLO PLAN XOGADE

ATENCIÓN SANITARIA PARA MAIORES DE 16 ANOS

No caso dos xogadores/as maiores de 16 anos, a asistencia sanitaria é xestionada por outra aseguradora, polo que o protocolo de actuación en caso de lesión é diferente.

É importante que adestradores e delegados estean informados da lesión antes de iniciar calquera xestión.

🚨 En caso de urxencia:  O xogador/a deberá acudir a un dos centros médicos concertados pola aseguradora.

📞 Se non é unha urxencia:  Deberase solicitar previamente a asistencia a través da Real Federación Galega de Fútbol, chamando ao: 981 600 600

⚠️ Importante: para garantir a cobertura, é fundamental seguir o protocolo establecido antes de acudir a un centro médico.